Servidor

sistema informático que proporciona servizos a outro sistema informático, chamado cliente, a través dunha rede

En informática, un servidor é un sistema informático que proporciona servizos a outro sistema informático, chamado cliente, a través dunha rede. O termo é utilizado para se referir ó sistema informático completo, pero tamén é utilizado para se referir só ó compoñente hardware ou só ó compoñente software do anterior sistema.

Servidor
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Os servidores, hoxe en día, ocupan un lugar na informática similar ó ocupado polos miniordenadores no pasado, os cales en gran parte se substituíron. O servidor típico é un sistema informático que opera continuamente sobre unha rede e espera demandas de servizos doutros ordenadores conectados á rede. Moitos servidores están dedicados a realizar esta tarefa, pero algúns tamén son usados para outros obxectivos, en particular cando as demandas de servizos ó servidor son pequenas. Por exemplo, nunha pequena secretaría, un ordenador grande de escritorio pode actuar como terminal de traballo para unha persoa na secretaria, á par que actúa de servidor para os demais ordenadores da secretaría.

Os servidores hoxe son similares á maior parte dos ordenadores de uso xeral, aínda que a súa configuración de hardware está optimizada para realizaren o seu traballo. Moito hardware idéntico ou case idéntico a este, atópase en PC´s de escritorio. Porén, os servidores executan un software que a miúdo é moi diferente ó utilizado en ordenadores de escritorio e terminais de traballo.

Os servidores non deberían ser confundidos cos mainframes, que son ordenadores moi grandes que centralizan certas actividades de procesamento de información en organizacións grandes e poden ou non actuar como servidores. Moitas organizacións posúen tanto mainframes como servidores, aínda que os servidores polo xeral son máis pequenos, máis numerosos e están descentralizados.

Os servidores con frecuencia teñen recursos de hardware que fan dispoñíbel de forma controlada e compartida ós ordenadores cliente. Desta forma tense un mellor control do acceso e da seguranza, alén da redución de gastos que implica. Algúns recursos hardware que se comparten son impresoras e sistemas de ficheiros.

Hardware de servidor

editar

Aínda que os servidores se poden construír con compoñentes de ordenador dedicado, normalmente úsase hardware especial optimizado para as necesidades do servidor.

Como moitas tarefas do servidor son operacións de entrada-saída, a maior parte do custo dun servidor vén dado polo custo de unidades de disco de alto rendimento e interfaces de entrada-saída. Por exemplo, as unidades de disco SCSI configuradas "RAID array" para mellorar o funcionamento e a fiabilidade son populares en servidores a pesar do seu custo alto; estas mesmas configuracións semellarían prohibitivamente caras e complexas á maioría dos usuarios de ordenador de escritorio. E, aínda que os servidores polo xeral requiran cantidades grandes de espazo de disco, unidades de disco máis pequenas poden ser usadas nunha compensación de capacidade contra a fiabilidade.

As velocidades de CPU son moito menos críticas para moitos servidores que para moitos ordenadores de escritorio. A carencia de calquera interface gráfica de usuario en moitos servidores libera carga de traballo, podendo realizar o procesador outras tarefas. Se hai moita carga de traballo para un servidor, a tendencia é a agregar máis CPUs en vez de aumentar a velocidade dunha CPU só; faise así por motivos de fiabilidade e a redundancia.

A carencia dun GUI nun servidor fai innecesario instalar adaptadores caros de vídeo. Así mesmo, interfaces de son, conexións de joystick, periféricos USB, e similares son polo xeral innecesarios.

Como os servidores deben funcionar continuamente necesitan dun sistema de ventilación que manteña o sistema fresco. As fontes de alimentación continuas especiais utilízanse para se aseguraren de que os servidores continúan funcionando cando ocorre un apagón.

Todos os servidores inclúen conexións de rede resistentes que lles permiten manexar as cantidades grandes de tráfico que reciben e xeran.

Software de servidor

editar

A diferenza principal entre servidores e ordenadores de escritorio non está no hardware, está no software. Os servidores frecuentemente executan sistemas operativos que son deseñados para o emprego en servidores. Os servidores executan aplicacións especiais que tamén son deseñadas para realizaren tarefas de servidor.

Sistemas operativos

editar

Nos ordenadores persoais o sistema operativo que predomina é o Windows de Microsoft, pero no mundo dos servidores, os sistemas operativos máis usados son FreeBSD, Solaris e Linux, que son semellantes ó sistema operativo UNIX. O UNIX foi o primeiro sistema operativo dos miniordenadores, e como os servidores substituíron gradualmente a estes, o UNIX era unha opción lóxica e eficiente de sistema operativo para os servidores.

Os sistemas operativos orientados a servidor teñen certos riscos, como a ausencia dun GUI (ou GUI opcional); a capacidade para seren configurados de novo (en hardware como en software) polo menos en certo grao sen pararen o sistema; sistemas avanzados que permiten facer copias de seguranza "on-line" de datos críticos en intervalos regulares e frecuentes; capacidade flexíbel e avanzada de conexión dunha rede; aplicacións (como demos no UNIX ou procesos en Windows) que fai da execución desatendida de programas máis fiábel; seguranza do sistema asine, con usuario avanzado, recursos, dados, e protección de memoria etcétera.

Como os requirimentos de servidores son nalgúns casos opostos ós requirimentos dos ordenadores de escritorio, é sumamente difícil deseñar un sistema operativo que manexe ben ambos os dispositivos. Porén, certas versións de Windows tamén son usadas sobre unha minoría de servidores; mais os sistemas operativos dominantes entre servidores seguen sendo versións de UNIX ou clons deste.

Aplicacións de servidor

editar

As aplicacións de servidor están adaptadas ás tarefas realizadas por servidores, tal como as aplicacións de PC’s de escritorio ou mainframe están adaptadas a si mesmas.

A maior parte de aplicacións de servidor distínguense polo feito de que non mostran a información sobre unha pantalla e non esperan que o usuario introduza datos. En troques, estas aplicacións execútanse dentro do servidor e actúan só con ordenadores cliente sobre a rede á que o servidor esta conectado. Este tipo de aplicacións denomínanse demos na terminoloxía de UNIX, e servizos na terminoloxía de Windows.

As aplicacións de servidor normalmente comézanse a executar unha vez que o servidor é arrincado, e a partir de entón execútanse continuamente até que o servidor sexa parado. Un servidor polo xeral controla o mesmo xogo aplicacións en calquera momento, xa que non hai forma de predicir cando un servizo dado podería ser solicitado por un ordenador de cliente. Algunhas aplicacións nalgúns sistemas de servidor inícianse cando unha petición dun cliente é recibida, e é parada cando a petición foi satisfeita.

Servidores sobre a Internet

editar

Case a estrutura enteira de Internet está baseada nun modelo servidor-cliente. Moitos millóns de servidores están conectados a Internet e executándose continuamente en todo o mundo.

Entre moitos servizos proporcionados por servidores de Internet son: a Web, correo electrónico, transferencia de arquivos, mensaxería instantánea, outros de son e de vídeo e outros moitos. Cada acción realizada por un usuario de Internet ordinario require unha ou máis interaccións cun ou máis servidores.

Véxase tamén

editar