Rede informática

Unha rede informática é unha interconexión de dispositivos, coa intención de poder intercambiar información. A máis coñecida e global é Internet, unha rede a nivel mundial (WAN), na que se comunican ordenadores, servidores etc. Por extensión, tamén se chama rede informática ou net (rede) ao conxunto de equipos interconectados.

As redes poden ter diferentes topoloxías; en anel, bus, estrela... Pero todas elas teñen en común a existencia dunha serie de ordenadores (ou outros dispositivos) conectados, cunha (ou máis, dependendo do número de tarxetas de rede) IP.

Configuración

editar

Primeiro paso

editar
 
Tarxeta de Interface de Rede (NIC)

Cada dispositivo debe contar con polo menos unha tarxeta de rede. A esta conectase un cable LAN, ou nada se a tarxeta é wireless. Por cada tarxeta de rede, haberá unha IP. Estas poderán ser:

  • IP públicas: únicas en Internet, que identifican ó dispositivo univocamente en todo o mundo.
  • IP privadas: para identifica-lo ordenador dentro dunha rede local (ver imaxe). Tralo último router, que conecta con Internet, esa IP traducirase nunha pública, para que os datos de volta saiban onde chegar. Cando volven ó router, este transforma, de novo, a IP de destino en privada, para que a información vaia ó equipo que solicitouna.

Cada día é un problema maior a falta de IP, polo que o formato antigo de 4 bytes (4 números entre 0 e 255), cambiará por un novo chamado IPv6 (as IP actuais denomínanse IPv4). Por iso, a existencia de IP locais ou privadas, a tradución no router, permitindo que varios PC usen a mesma IP pública etc. son medidas que axudan ó aforro de IPs.

A existencia de redes locais faise especialmente útil, non só pola posibilidade de que tódolos equipos poidan acceder a Internet, senón por poder intercambiar información de maneira interna, cousa moi útil en empresas, bancos...

Segundo paso

editar

Unha vez temos cada equipo coa súa tarxeta de rede, conectámolos todos. Isto pode facerse con diferentes topoloxías. Unha das máis comúns é a da imaxe, cun bus.

 
exemplo de rede local

O bus deberá ir conectado a un dispositivo que "cerre" a rede e poida comunicala co exterior. No exemplo, suponse que directamente, tralo router accedese xa a Internet. O común é que haxa máis redes, por iso é común o uso de switchs (conmutadores), hubs (concentradores) ou máis routers (enrutadores).

Cada ordenador debe ter configurada:

  • Dirección IP por suposto local
  • Máscara de rede número de díxitos da IP que permanecen fixos e non poden variar. Por exemplo, unha máscara 255.255.255.0 quere dicir que só o último byte (8 bits ou díxitos) poden cambiar. Adoita se-lo máis común.
  • Porta de acceso dirección IP do dispositivo polo que se accede ó exterior. Neste caso é un dos portos do router, e ten como IP a 192.168.1.1.
  • Servidor DNS moitas veces, ningún dos equipos ten unha IP determinada sempre, de forma que se lle asigna ó prenderse o ordenador. Por iso, temos a un dos equipos como encargado de asignalas e levar conta diso. Ese equipo será o DNS. En accesos directos a Internet tamén os hai. De non ter IP fixa, o noso provedor asígnanos unha co seu servidor DNS.

Resumo

editar

Entón, diremos que Internet non é máis cunha maraña de aparellos interconectados e identificados por uns números chamados IP. Serán os routers os encargados de decidi-lo paso de cada información, seleccionando o camiño (saída por un dos seus portos), grazas a unhas táboas de encamiñamento.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar