Topoloxía en anel
Unha topoloxía en anel é unha topoloxía de rede informática na que cada aparello está conectado en orde secuencial, a outros dous, a modo dun anel.

En xeral, as redes en anel non son tan eficaces se se comparan coas redes en estrela, xa que nestas os datos deben viaxar a través dun número menor de puntos antes de chegar ao seu destino. Por exemplo, se unha rede con topoloxía en anel ten oito computadores conectados, para chegar desde o computador un até o catro, os datos deben atravesar os computadores dous e tres antes de chegar ao catro. Alternativamente, poderían ir desde o un ao oito, desde ao sete etc. - aínda que isto sería máis lento porque son máis ordenadores.
As topoloxías en anel tamén teñen a desavantaxe de que se un dos nodos da rede falla, toda a rede fallará, xa que se require un círculo completo para funcionar.
Vantaxes
editar- Os datos pódense transferir rapidamente, sen que exista un punto de "embotellamento",
- Todos os datos viaxan na mesma dirección,
- Se se engaden máis nodos non se afecta o ancho de banda,
- Non hai colisións na rede por causa do método de acceso ou da arquitectura.
Desavantaxes
editar- Os paquetes de datos deben atravesar todos os computadores colocados entre o emisor e o recipiente,
- Se un dos nodos falla, todo o anel falla e non se poden transmitir datos,
- Resulta difícil saber onde falla o anel,
- Dado que todas as máquinas están unidas entre si, para engadir unha hai que cortar a rede temporalmente,
- Para que todos os ordenadores se poidan comunicar entre si, todos eles deben estar prendidos.
- Existe unha dependencia total dun cable.