Topoloxía en malla
En informática, unha topoloxía en malla é unha topoloxía de rede na que cada nodo está conectado a un ou máis dos outros nodos. Desta maneira é posible levar as mensaxes dun nodo a outro por diferentes camiños.
Se a rede de malla está completamente conectada non debería existir absolutamente ningunha interrupción nas comunicacións.
Cada servidor ten as súas propias conexións con tódolos demais servidores.
Funcionamento
editarO establecemento dunha rede de malla é unha maneira de encamiña-los datos, a voz e as instrucións entre os nodos. As redes de malla diferéncianse doutras redes en que as pezas da rede (nodo) están conectadas unhas con outras por un ou outro camiño, mediante cables separados. Esta configuración ofrece camiños redundantes por toda a rede, de xeito que, se falla un cable, outro se fará cargo do tráfico.
Esta topoloxía, a diferenza doutras (como topoloxía en árbore ou topoloxía en estrela), non require dun servidor ou nodo central, co que se reduce o mantemento (un erro nun nodo, sexa importante ou non, non implica a caída de toda a rede).
As redes de malla son autorrexenerables: a rede pode funcionar aínda cando un nodo desaparece ou a conexión falla, xa que o resto de nodos evitan o paso por ese punto. Consecuentemente, fórmase unha rede moi fiábel. É unha opción aplicable ás redes sen fíos (wireless), ás redes con cable (Wired), e á interacción do software.
Unha rede con topoloxía en malla ofrece unha redundancia e fiabilidade superiores. Nunha topoloxía en malla, cada equipo está conectado a tódolos demais equipos. Aínda que a facilidade de solución de problemas e o aumento da fiabilidade son vantaxes moi interesantes, estas redes resultan caras de instalar, xa que empregan moita cablaxe. Por estes motivos cobran maior importancia o emprego de wireless, xa que non fai falta cablaxe (a pesar dos inconvenientes do wireless).
En moitas ocasións, a topoloxía en malla emprégase xunto con outras topoloxías para formar unha topoloxía híbrida.
Unha rede de malla estende con eficacia unha rede, compartindo o acceso a unha infraestrutura de rede con maior custo.
Comparación da topoloxía en malla
editarVantaxes
editar- Fiabilidade.
- Seguridade.
- Estabilidade.
- Menor custo de mantemento.
- Autorexenerable.
Desvantaxes
editar- Elevado custo económico (en caso de empregar cable).
- Duplicado de recursos (cablaxe redundante, cada nodo implica moito máis cable).
Algunha aplicación práctica
editarUn proxecto do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) que desenvolve o "hundred dollar laptops" ("portátiles de cen dólares") para as escolas desvalidas en países en desenvolvemento planea empregar o establecemento dunha rede de malla para crear unha infraestrutura robusta e barata para os estudantes que recibirán os ordenadores portátiles. As conexións instantáneas feitas polas computadoras portátiles reducirían a necesidade dunha infraestrutura externa tal como Internet para alcanzar todas as áreas, porque un nodo conectado podería compartir a conexión cos nodos próximos.