Portátil

(Redirección desde «Ordenador portátil»)

Un portátil[1] ou tamén ordenador portátil (en inglés laptop ou notebook) é unha pequena computadora persoal móbil, que pesa normalmente entre 1 e 3 quilogramos. Os portátiles son capaces de realizar a maior parte das tarefas que realizan os ordenadores de escritorio, coa vantaxe da mobilidade.

Un MacBook.

Compoñentes

editar

Moitos dos compoñentes dunha computadora portátil son similares aos compoñentes das computadoras de escritorio pero habitualmente son de menor tamaño:

  • CPU de baixo consumo.
  • Discos duros de 2,5 polgadas ou menor, fronte aos discos de 3,5 polgadas dos ordenadores de sobremesa.
  • Módulos de memoria RAM SO-DIMM (Small Outline DIMM) máis pequenos que os DIMM usuais nos ordenadores de sobremesa.
  • Unidade lectora e gravadora de CD ou DVD de formato reducido.
  • Teclado integrado.
  • Pantalla integrada tipo TFT, que á súa vez realiza a función de tapa do portátil facilitando o seu transporte.
  • Panel táctil para manexar o punteiro no canto de rato.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portátil.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.