Microsoft Windows
Microsoft Windows é unha liña de sistemas operativos gráficos privativos desenvolvidos e comercializados por Microsoft. Está agrupada en familias e subfamilias que atenden a sectores particulares da industria informática: Windows para unha estación de traballo de consumo ou corporativa, Windows Server para un servidor e Windows IoT para un sistema integrado. Windows véndese por separado ou pode vir incluído en produtos de terceiros.
Microsoft Windows | |
---|---|
Desenvolvedor | Microsoft |
Lanzamento | 20 de novembro de 1985 |
En galego | Si |
Sitio web | https://windows.com/ |
Windows é o sistema operativo de escritorio máis popular do mundo, cunha cota de mercado do 70% en marzo de 2023, segundo StatCounter;[1] non obstante, cando se inclúen os sistemas operativos móbiles, non é o máis utilizado, a favor de Android.[2]
Historia
editarA primeira versión de Windows, Windows 1.0, foi lanzada o 20 de novembro de 1985, como shell de sistema operativo gráfico para MS-DOS en resposta ao crecente interese polas interfaces gráficas de usuario (GUI).[3] O nome "Windows" é unha referencia ao sistema de ventás nas GUI.[4] O lanzamento de Windows 3.0 en 1990 catapultou o seu éxito no mercado e levou a varias outras familias de produtos, incluíndo os xa desaparecidos Windows 9x, Windows Mobile, Windows Phone e Windows Embedded Compact. A partir de Windows 95, Windows pasou a non depender dun DOS e pasou a ser un sistema operativo propio.
A 2024, a versión máis recente de Windows é Windows 11 para PCs e tabletas, Windows 11 Enterprise para corporacións e Windows Server 2025 para servidores. Aínda son compatibles algunhas edicións de Windows 10, Windows Server 2016 ou posterior (e excepcionalmente con soporte de pago ata Windows Server 2008).
Versións
editarVersións baseadas no MS-DOS (e ano de saída ó mercado):
- 1985: Windows 1.0
- 1987: Windows 2.0
- 1990: Windows 3.0
- 1992: Windows 3.1
- 1993: Windows 3.11 (Windows para traballo en grupo)
- 1995: Windows 95
- 1996: Windows 95 OSR2
- 1998: Windows 98
- 1999: Windows 98 SE (Second Edition)
- 2000: Windows ME (Millennium Edition)
Versións baseadas no NT (Network Technology):
- 1993: Windows NT 3.1
- 1994: Windows NT 3.5
- 1995: Windows NT 3.51
- 1996: Windows NT 4.0
- 2000: Windows 2000
- 2001: Windows XP
- 2003: Windows Server 2003
- 2007: Windows Vista
- 2009: Windows 7
- 2012: Windows 8
- 2015: Windows 10
- 2021: Windows 11
Versións baseadas no CE:
Notas
editar- ↑ "Desktop Operating System Market Share Worldwide". statcounter.com. Arquivado dende o orixinal o 2020. Consultado o 2023.
- ↑ "Microsoft gets real, admits its device share is just 14%". computerworld.com. Arquivado dende o orixinal o 2016. Consultado o 2016.
- ↑ "The Unusual History of Microsoft Windows". thoughtco.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Why Is Windows Called Windows?". howtogeek.com. Consultado o 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Microsoft Windows |