Abrir o menú principal

Windows 3.x é o nome xenérico para a as versións do sistema operativo Windows Windows 3.0, Windows 3.1 e Windows 3.11.

Windows 3.0
DesenvolvedorMicrosoft
Familia de S.O.Microsoft Windows
Lanzamento22 de maio de 1990
Modelo de desenvolvementoCódigo pechado
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaMicrosoft CLUF (EULA)
Última versión estable3.11 1 de novembro de 1993
Estado actualDesbotado
Sitio webhttp://www.microsoft.com/

Windows 3.0Editar

Windows 3.0 saíu o 22 de maio de 1990, foi a primeira versión de Windows realmente popular, vendeu máis de 10.000.000 de unidades, e puido competir con éxito co Macintosh de Apple Computer e co Commodore Amiga.

Microsoft fixo unha verdadeira reconstrución do sistema operativo para facer un mellor uso da memoria dos microprocesadores Intel 80286 e Intel 80386, podendo redireccionar a memoria máis aló dos 640 KB. Tiña un administrador de programas e un administrador de arquivos ademais de Combo Boxes, menús xerárquicos e arquivos INI privados para cada aplicación.

A versión Windows 3.0a, lanzada a fins de 1991 tiña extensións multimedia que permitían o soporte de unidades de CD-ROM e tarxetas de son.

Windows 3.1Editar

Windows 3.1 saiu ao mercado o 18 de marzo de 1992, incluía versións para fontes True Type e OLE.

Windows 3.1 para traballo en gruposEditar

Windows 3.1 para traballo en grupos saíu ao mercado en outubro de 1992 e tiña soporte para redes. Unha versión mellorada Windows 3.11 para traballo en grupos saíu en decembro de 1993.



 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.