Windows 7

sistema operativo de Microsoft deseñado como sucesor do Windows Vista

Microsoft Windows 7 ou Windows 7 (en inglés, Windows Seven) é o sistema operativo de Microsoft deseñado como sucesor do Windows Vista.

Microsoft Windows 7
Desenvolvedor(es)Microsoft
Última versión6.1 (Build 7601: Service Pack 1)
(22 de febreiro de 2011)
Sistema operativoWindows NT 6.1[1]
TipoSistema operativo
LicenzaMicrosoft (EULA)

Windows 7 é un sistema operativo desenvolto por Microsoft. Formou parte da familia de S.O. de Windows NT. O seu desenvolvemento comezou no 2006 baixo o nome clave "Blackcomb". Windows 7 foi liberado para fabricación o 22 de xullo de 2009[2], e estivo dispoñible o 22 de outubro do mesmo ano[3], menos de tres anos despois da dispoñibilidade do seu predecesor, Windows Vista. A contraparte como servidor do Windows 7, Windows Server 2008 R2, foi liberada ó tempo.

Windows 7 foi pensado como unha posta ó día incremental do sistema operativo, tendo en conta a recepción crítica do Windows Vista (en relación a cousas como as melloras de rendemento), mantendo a compatibilidade de hardware e software. Windows 7 continuou as melloras con Windows Aero (a interface de usuario introducida en Windows Vista) coa adición dunha barra de tarefas redeseñada que permitía ás aplicacións ser arrastradas alí, e novas capacidades no manexo de ventás. Foron tamén engadidas outras novas posibilidades, incluíndo bibliotecas, o sistema de compartición de ficheiros HomeGroup, e soporte para entrada multicontacto. Tamén foi engadida unha nova interface "Action Center" para subministrar unha supervisión do sistema de seguridade e mantemento da información, e axustes do sistema de control da conta de usuario para facelo menos intrusivo. Asemade, foi empaquetado con versións postas ó día de varias aplicacións, incluíndo Internet Explorer, Windows Media Player e Windows Media Center

En contraste con Vista, Windows 7 foi ben tratado en xeral polas críticas, que consideraron o sistema operativo como unha mellora ampla sobre o seu predecesor debido ó incremento do seu rendemento, a súa interface máis intuitiva (en particular a súa barra de tarefas), menor número de ventás emerxentes de control de conta de usuario e outros. Windows 7 foi un éxito para Microsoft; mesmo antes da súa liberación oficial, as ordes pre-venda no comercio minorista Amazon.com superou marcas anteriores. En só seis meses, máis de 100 millóns de copias foron vendidas arredor do mundo, subindo a máis de 630 millóns de licenzas en Xullo de 2012, cunha porcentaxe de mercado de 50.06% en Maio de 2014 segundo datos de Net Applications, facendo del a versión de Windows máis amplamente usada.

Historia do seu desenvolvemento editar

De primeiras, a versión de Windows codificada en clave como Blackcomb foi planificada como sucesora de Windows XP e Windows Server 2003 no 2000. Foron planificadas novas potencialidades para Blackcomb, incluíndo unha énfase nas procuras e recollida de datos e un avanzado sistema de almacenamento chamado WinFS para permitilo. Mais un lanzamento menor, de clave "Longhorn," foi anunciado entremedias para 2003, adiando o desenvolvemento de Blackcomb.[4] Cara á metade de 2003, no entanto, Longhorn tiña algunhas das características que se pensaran para Blackcomb. Despois de tres virus importantes de tipo verme, Blaster, Sober, e Sobig que aproveitaban fallos no sistema operativo Windows, nun curto tempo Microsoft cambiou as súas prioridades de desenvolvemento, parando temporalmente algúns dos desenvolvementos máis importantes de Longhorn mentres desenvolvía un novo service pack para Windows XP e Windows Server 2003. O desenvolvemento de Longhorn (Windows Vista) tamén foi recomezado, e logo adiado, en agosto de 2004, e retiráronse de Longhorn un certo número de características.[5] Blackcomb foi renomeado como Vienna a comezo do 2006.[6]

Cando foi liberado, Windows Vista foi criticado polo seu longo tempo de desenvolvemento, problemas de rendemento, irregular compatibilidade co hardware e software existente no tempo do seu lanzamento, cambios que afectaban á compatibilidade dalgúns xogos, afirmacións pouco claras de Microsoft de que algúns ordenadores con XP antes do lanzamento serían "capados con Vista" (o que levou a unha querella), entre outras críticas. Así, a adopción de Vista en comparación a XP foi algo baixa.[7][8][9] En xullo de 2007, seis meses despois do lanzamento público do Vista, informouse de que a seguinte versión de Windows tería o alcume de Windows 7, planificando a súa liberación en tres anos.[10][11] Bill Gates, nunha entrevista con Newsweek, suxeriu que Windows 7 estaría máis "centrado no usuario".[12] Gates dixo despois que Windows 7 enfocariase tamén cara a melloras de rendemento.[13] Steven Sinofsky explicou despois este punto, dicindo no blog Engineering Windows 7, que a compañía estaba a usar unha variedade de novas ferramentas de trazado para medir o rendemento en moitas áreas do sistema operativo de xeito continuo, para axudar a localizar código ineficiente e axudar a previr baixadas de rendemento.[14] O vicepresidente senior, Bill Veghte estipulou que os usuarios de Windows Vista que migraran a Windows 7 non atoparían os tipos de incompatibilidade que atoparan na migración dende Windows XP.[15] Estímase que traballaron uns 1000 desenvolvedores en Windows 7, divididos entre o "núcleo do sistema operativo" e a "experiencia de cliente Windows", organizados á súa vez en 25 equipos duns 40 desenvolvedores de media cada un.[16]

En Outubro de 2008, anunciouse que Windows 7 sería o nome oficial do novo sistema operativo.[17][18] Hai algunha confusión sobre o nomeamento do Windows 7,[19] polo seu versionamento como 6.1 para indicar a súa concepción de xeito semellante a Vista e aumentar a súa compatibilidade con aplicacións que só revisan un número maior de versión, de xeito semellante a Windows 2000 e Windows XP, ambos con números de versión 5.x.[20] A primeira liberación externa para socios elixidos de Microsoft fíxose en xaneiro de 2008 con Milestone 1, construído co número 6519 (Build number).[21] Falando de Windows 7 o 16 de Outubro de 2008, o Xefe Executivo (CEO) de Microsoft, Steve Ballmer, confirmou a compatibilidade de Windows 7 e Windows Vista, indicando que Windows 7 sería unha versión refinada de Windows Vista.[22]

Na conferencia profesional de desenvolvedores de 2008, Microsoft amosou o Windows 7 coa súa nova barra de tarefas.[23] O 27 de decembro de 2008, a Beta de Windows 7 foi filtrada en Internet via BitTorrent.[24] De acordo cun test de rendemento de ZDNet,[25] a Beta de Windows 7 batía tanto a Windows XP como a Vista en varias áreas clave, incluíndo o tempo de carga do sistema e o apagado e o traballo con ficheiros , como o cargado de documentos. Noutras áreas non lograba superar a XP, incluíndo puntos de referencia de PC Pro para actividades típicas de oficina e vídeo edición, que seguían idénticas a Vista e máis lentas que XP.[26] O 7 de xaneiro de 2009, a versión Beta de Windows 7 para x64 (build 7000) foi filtrada á web, sendo infectados algúns torrentes cun Troiano.[27][28] No CES de 2009, Steve Ballmer, CEO de Microsoft, anunciou que a Beta de Windows 7, build 7000, estivera dispoñible para descarga para os suscriptores de MSDN e TechNet como imaxe ISO.[29] A Beta foi liberada de xeito público o 9 de xaneiro de 2009, e Microsoft planificou en inicio que a descarga estivera dispoñible para 2,5 millóns de persoas nesa data, mais o accesoás descargas foi retardado polo alto tráfico xerado.[30] O límite de descarga tamén foi ampliado, dende a data inicial ó 24 de xaneiro, e logo ó 10 de febreiro. A xente que non puido completar a descarga da beta tivo dous días extra para facelo. Despois do 12 de febreiro, as descargas sen rematar non puideron completarse. Os usuarios puideron aínda obter claves do produto de Microsoft para activar as súas copias, nun prazo que expirou o 1 de agosto de 2009.

O candidato á liberación ('release candidate'), build 7100, estivo dispoñible para os subscritores de MSDN e TechNet e para os participantes do programa Connect o 30 de abril de 2009. O 5 de maio de 2009 estivo dispoñible para o público, aínda que tamén fora filtrado a Internet via BitTorrent.[31] Estivo dispoñible en cinco linguas ata o 1 de xuño de 2010, con apagados cada dúas horas comezando o 1 de marzo de 2010.[32] Microsoft estableceu que Windows 7 sería liberado para o público o 22 de outubro de 2009. Microsoft liberou o Windows 7 a subscritores de MSDN e Technet o 6 de agosto de 2009, ás 10:00 am PDT.[33] Microsoft anunciou que Windows 7, e tamén Windows Server 2008 R2, foi liberado para fabricación o 22 de xullo de 2009. Windows 7 RTM ten o número build 7600.16385.090713-1255, que foi compilado o 13 de xullo de 2009, e que foi declarado como o RTM final despois de pasar todos os test internos de Microsoft.[34]

Recursos editar

Os recursos que foron previstos para o Windows son:

Compatibilidade editar

A Microsoft afirmaban que Windows 7 tería plena compatibilidade con controladores, aplicacións etc. Por tanto, non se reproducirían as incompatibilidades e problemas que aconteceron ao usar programas que funcionaban con perfección no Windows XP e non funcionaban en Windows Vista. Así, non se reproduciron as incompatibilidades e problemas que acontecían ao utilizar programas que funcionaban á perfección no Windows XP e non funcionaron no Windows Vista.

Edicións editar

O Windows 7, así como o Vista, terá varias versións. Críticos de Microsoft reclaman que a diversidade de edicións do produto causou confusión para o usuario final.

  • Windows 7 Start Edition (varios mercados, só 32bits)
  • Windows 7 Home Basic (algúns mercados)
  • Windows 7 Home Premium Inicio Windows 7 Premium
  • Windows 7 Professional Windows 7 Professional
  • Windows 7 Ultimate Windows 7 Ultimate
  • Windows 7 Enterprise (soamente para contratos de licenciamento en volume)

Windows 7 Beta 1 editar

Liberada o 9 de xaneiro de 2009.

Windows 7 editar

O seu lanzamento foi o 22 de outubro de 2009.

Notas editar

  1. "Operating System Versioning". Microsoft Developer Network. Microsoft. Build date: 10/8/2009. http://msdn.microsoft.com/en-gb/library/dd371754(VS.85).aspx.http://msdn.microsoft.com/en-gb/library/dd371754(VS.85).aspx[Ligazón morta]. Comprobado en 2009, 6-7 e 20-12.
  2. "Windows 7 and Windows Server 2008 R2 Timelines Shared at Computex". Microsoft. June 3, 2009. Consultado o June 3, 2009. 
  3. "Windows 7 and Windows Server 2008 R2 Timelines Shared at Computex". Microsoft. June 3, 2009. Consultado o June 3, 2009. 
  4. Lettice, John (24 de outubro de 2001). "Gates confirms Windows Longhorn for 2003". The Register. Consultado o 5 de marzo de 2008. 
  5. Todd Bishop (28 de agosto de 2004). "Microsoft cuts key Longhorn feature". Seattle Post-Intelligencer. Hearst Corporation. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  6. Thurrott, Paul (14 de febreiro de 2007). "Windows "7" FAQ". SuperSite for Windows. Penton Media. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2008. 
  7. "They Criticized Vista. And They Should Know". The New York Times. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  8. "The 15 Biggest Tech Disappointments of 2007". PC World. IDG. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  9. "Vista Resistance: Why XP Is Still So Strong". PC World. IDG. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  10. Foley, Mary J (20 de xullo de 2007). "Windows Seven: Think 2010". ZDNet. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2007. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  11. "Next version of Windows: Call it 7". CNET. CBS Interactive. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  12. Levy, Steven (3 de febreiro de 2007). "Bill Gates on Vista and Apple's 'Lying' Ads". Consultado o 11 abril 2018. 
  13. Bill Gates (12 de maio de 2007). "Bill Gates: Japan—Windows Digital Lifestyle Consortium". 
  14. Sinofsky, Steven (15 de decembro de 2008). "Continuing our discussion on performance". Engineering Windows 7. Microsoft. Consultado o 18 de decembro de 2008. 
  15. Oiaga, Marius (24 de xuño de 2008). "Windows 7 Will Not Inherit the Incompatibility Issues of Vista". 
  16. Sinovsky, Steven (18 de agosto de 2008). "The Windows 7 Team". Engineering Windows 7, MSDN. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2009. 
  17. Fried, Ina (13 de outubro de 2008). "Microsoft makes Windows 7 name final". CNET (CBS Interactive). Consultado o 13 de outubro de 2008. 
  18. "For Microsoft's Windows, 7th time's a charm". CBC News. outubro de 2008. Consultado o 27 de outubro de 2008. 
  19. Alex Castle (15 de outubro de 2008). "Microsoft Justifies Its Windows 7 Naming Decision". Maximum PC. Consultado o 18 de novembro de 2009. 
  20. Andrew. "Why Call it Windows 7?". worldstart.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2009. 
  21. Ian Cunningham (3 de decembro de 2008). "Windows 7 Build Numbers". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2009. Consultado o 10 de marzo de 2015. 
  22. Dignan, Larry (outubro de 2008). "Ballmer: It’s ok to wait until Windows 7; Yahoo still ‘makes sense’; Google Apps ‘primitive’". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2008. 
  23. Nash, Mike (28 de outubro de 2008). "Windows 7 Unveiled Today at PDC 2008". Windows Team Blog. Microsoft. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  24. "OSNews.com". OSNews.com. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  25. "Windows 7 beta 1 performance - How does the OS compare to Vista and XP? | Hardware 2.0 | ZDNet.com". Blogs.zdnet.com. 1 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  26. Graham-Smith, Darien (xaneiro de 2009). "Follow-up: Benchmarking Windows 7". Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  27. "Leaked Windows 7 RC torrents infected with trojan".  SlashGear
  28. Pennington, Kenneth (7 xaneiro de 2009). "Windows 7 64-Bit Beta Hits the Web". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 abril 2018. 
  29. Johnson, Bobbie (8 de xaneiro de 2009). "CES: Steve Ballmer unveils Microsoft's Windows 7 | Technology | guardian.co.uk". The Guardian (London). Consultado o 25 de maio de 2009. 
  30. "Microsoft delays first Windows 7 public beta". Gavin Clarke. The Register. 10 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  31. Miller, Paul (24 de abril de 2009). "Windows 7 RC 7100 making its way to OEMs, a torrent tracker near you". Engadget.com. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  32. "Windows 7 Release Candidate Customer Preview Program". Microsoft. Consultado o 5 de maio de 2009. 
  33. "The Windows Blog". 
  34. Brandon LeBlanc. "Windows 7 Has Been Released to Manufacturing". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar