Newsweek é unha revista de novas de aparición semanal. Publícase en Nova York e distribúese nos Estados Unidos.

Newsweek
PaísEstados Unidos de América
Lugar de publicaciónNova York
CoordenadasErro de Lua en Módulo:Wikidata na liña 775: attempt to concatenate field 'formato' (a nil value).
Lingualingua inglesa
Fundación1933
Primeira edición17 de febreiro de 1933
Circulación
Frecuencia1 semana
ISSN0028-9604
OCLC840302866
Na rede
http://www.newsweek.com/, http://search.ebscohost.com/direct.asp?db=a9h&jid=%22FXPI%22&scope=site, http://search.proquest.com e https://www.newsweek.com/
Facebook: Newsweek Twitter: Newsweek Instagram: newsweek Youtube: UC2a35q7eyzkfoIusBzdH4Hw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Debido a problemas financeiros, Newsweek suspendeu as súas edicións impresas o 31 de decembro de 2012 e volveu retomalas o 7 de marzo de 2014.

Historia editar

Orixinalmente denominada News-Week, foi fundada por Thomas J.C. Martyn o 17 de febreiro de 1933. Ese número contiña sete fotografías das novas da semana na súa portada. Co paso do tempo ampliou o concepto de revista de novas, dende historias persoais á análise e a crítica. En 1961 The Washington Post Company comprou a revista.

A data de 2003, calculábase que tiña unha distribución mundial de máis de 4 millóns de exemplares, incluíndo 3,1 millóns nos Estados Unidos. Tamén publica edicións en xaponés, coreano, polaco, ruso, español e árabe, ademais de Newsweek International en inglés.

Aínda que estea centralizada en Nova York, ten 22 oficinas: nove nos Estados Unidos e en Pequín, São Paulo, Río de Xaneiro, Buenos Aires, Cidade do Cabo, Frankfurt, Hong Kong, Xerusalén, Londres, Cidade de México, Moscova, París, Toquio e Varsovia.

Dende 2008, Newsweek atravesou varios problemas financeiros, que se viron reflectidos en reducións sucesivas. En agosto, o grupo The Washington Post vendeu esta revista ó empresario Sidney Harman por un prezo simbólico de 1 dólar.[1][2] O editor Jon Meacham renunciou tras concretarse a venda. En novembro de 2010, Newsweek fusionouse co sitio web de opinión The Daily Beast. Newsweek é propiedade conxunta de Harman e IAC.[3][4]

Notas editar

  1. Lloyd Grove. "How Newsweek Blew It". The Daily Beast. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  2. "Audio Pioneer Buys Newsweek". The New York Times. 
  3. "Daily Beast, Newsweek to Wed!". The Daily Beast. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  4. "The Daily Beast and Newsweek confirm merger". The Spy Report (Media Spy). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018.