Bill Gates
William Henry "Bill" Gates III, nado en Seattle (estado de Washington) o 28 de outubro de 1955, é un informático, empresario e filántropo estadounidense. Gates foi director xeral e actualmente é presidente de Microsoft, a compañía de software que fundou xunto con Paul Allen.
Traxectoria
editarInfancia e comezos
editarSeu pai, William H. Gates II, era un avogado de Seattle e a súa nai, Mary Gates, profesora da Universidade de Washington e presidenta de United Way International. Gates realizou os seus estudos primarios na escola privada Lakeside School onde comezou a interesarse no software e comezou a programar ordenadores aos 13 anos.
Estudos universitarios
editarEn 1973, Gates entrou en Harvard onde coñeceu Steve Ballmer, actual Director Xeral (en inglés «chief executive») de Microsoft. Mentres estaba en Harvard, Gates desenvolveu un compilador para a linguaxe de programación BASIC destinada o primeiro microordenador, o MITS Altair.
A creación de Microsoft
editarEn 1975 funda co seu amigo da infancia Paul Allen a empresa de informática Microsoft. Inicialmente cada un tiña o metade das accións da compañía aínda que logo Gates obtivo maiores cotas de poder. Microsoft adquire a unha empresa chamada Seattle Computer o QDOS (Quick and Dirty Operating System, sistema operativo rápido e sucio) que renomea como MS-DOS e vende a IBM coma sistema operativo do primeiro PC, obtendo unha parte de beneficio por cada copia que se vendese co IBM-PC e conservando Microsoft os dereitos para licenciar o sistema a terceiras compañías.
En 1995 a súa compañía presenta o sistema operativo Windows 95.
O home con máis diñeiro do mundo
editarEn 1996, a revista Forbes colócao primeiro na súa lista de persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna aproximada de 18.500 millóns de dólares. En 1997 a súa fortuna é a segunda do mundo, sendo de 36.400 millóns de dólares. En 1998 recuperou o primeiro posto, cunha fortuna estimada ese ano como de 51.000 millóns de dólares. En 1999 a súa fortuna continúa sendo a primeira, concretamente de 90.000 millóns de dólares triplicando o terceiro na lista, o seu amigo e cofundador de Microsoft Paul Allen. En 2000 a súa fortuna calculábase en 60.000 millóns de dólares.
Bill & Melinda Gates Foundation
editarGates casou con Melinda French o 1 de xaneiro de 1994 coa que ten tres fillos: Jennifer Katharine Gates (nada o 26 de abril de 1996), Rory John Gates (nado o 23 de maio de 1999) e Phoebe Adele Gates (nado o 14 de setembro de 2002).
En xaneiro do 2000 Gates fundou coa súa esposa a Bill & Melinda Gates Foundation, unha organización sen ánimo de lucro destinada levar os avances tecnolóxicos a todo o mundo, abrir bibliotecas públicas, loitar contra as enfermidades máis estendidas... a fundación ten a súa sede en Seattle, Washington.
Obra
editarBill Gates publicou dous libros:
- The Road Ahead (1995)
- Business @ the Speed of Thought (1999), traducido a 25 idiomas.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Bill Gates |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bill Gates |