Paul Allen
Paul Allen, nado en Seattle (Washington) o 21 de xaneiro 1953 e finado o 15 de outubro de 2018, foi un informático estadounidense cofundador de Microsoft e amigo de Bill Gates, con quen desenvolveu as primeiras versións de MS-DOS.
Paul Allen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Paul Gardner Allen |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1953 |
Lugar de nacemento | Seattle |
Falecemento | 15 de outubro de 2018 |
Lugar de falecemento | Seattle |
Causa | linfoma não Hodgkin e choque séptico |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade do Estado de Washington, Universidade Harvard e Lakeside School |
Ocupación | inventor, informático teórico, produtor de cinema, enxeñeiro, músico, emprendedor, empresario, produtor musical, compositor, coleccionista de arte, produtor de televisión, participante do fórum internacional, programador, filántropo, investidor e cofundador |
Irmáns | Jody Allen |
Premios | Carnegie Medal of Philanthropy e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
http://www.paulallen.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
ComezosEditar
Xa dende os 14 anos comezou a ser un grande entusiasta dos ordenadores. Allen foi á Washington State University, pero deixouna dous anos máis tarde xunto con Bill Gates para perseguir o seu soño de escribir software comercial para os novos ordenadores persoais.
MicrosoftEditar
Xunto con Bill Gates fundou Microsoft (inicialmente "Micro Soft") en Albuquerque, Novo México, en 1975, e comezaron vendendo un intérprete da linguaxe de programación BASIC. Allen foi a punta de lanza dun trato de Microsoft para comprar un sistema operativo chamado QDOS por 50,000 $; non era esperable que sendo programadores pagasen por un sistema baseado na súa totalidade en terminais e comandos, mais con isto Microsoft gañou un contrato para subministrar o sistema operativo para os novos PC de IBM. Isto fixo que Microsoft tivera un remarcable crecemento.
Saída de MicrosoftEditar
Allen viuse obrigado a renunciar a Microsoft en 1983 despois de diagnosticárselle a enfermidade de Hodgkin, a cal superou despois de moitos meses de tratamento de radioterapia e un transplante de medula ósea.