A medula ósea é un tipo de tecido que se atopa no interior dos grandes ósos, sobre todo dos centrais do corpo como cranio, vértebras, costelas, esterno, cintura escapular e pelve.

Medula ósea
medulla ossium Editar o valor en Wikidata

Instancia detecido, clase de entidade anatómica e produto alimenticio Editar o valor en Wikidata
Subclase detecido, zona de órgano óseo, blood forming organ (en) Traducir e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Desenvolvementobone marrow development (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén partes da clasemedula óssea vermelha (pt) Traducir e yellow bone marrow (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e identificadores
MeSHD001853 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12431 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A13.1.01.001
Wikidata ] C:Commons ]
Ilustración das células da medula ósea.

Moitas veces confúndese coa medula espiñal. Ambas teñen funcións totalmente distintas. A medula espiñal atópase na columna e transmite os impulsos nerviosos cara a todo o corpo.

Estrutura e funcións biolóxicas

editar

Pode ser de 2 tipos:

  • A medula ósea vermella, que ocupa o tecido esponxoso dos ósos planos, como o esterno, as vértebras, a pelve e as costelas; é a que ten a función hematopoética.
  • A medula ósea amarela, que é tecido adiposo e localízase nas canles medulares dos ósos longos.

A medula ósea é o lugar onde se produce o sangue (hematopoese), porque contén as células nai que orixinan os tres tipos de células sanguíneas que son os leucocitos, hemacias e plaquetas.

Enfermidades que involucran a medula ósea

editar

A composición da medula ósea pode ser alterada por infeccións como a tuberculose, ocasionando un decaemento na produción de células sanguíneas e plaquetas. Ademais, as distintas variedades de cancro das células precursoras sanguíneas poden aparecer na medula ósea; esta enfermidade é coñecida como leucemia.

Para diagnosticar as enfermidades que involucran a medula ósea, requírese un exame da medula. Este procedemento implica usar unha agulla que permita colleitar unha mostra da medula vermella do óso ilíaco. O procedemento realízase baixo anestesia local.

A exposición á radiación ou a quimioterapia aniquilan moitas das células de rápida división na medula ósea, o cal resultará nun sistema inmunitario diminuído. Moitos dos síntomas da enfermidade por radiación son debidos ao dano que sofren as células da medula ósea.

Doazón de medula

editar
 
Extracción de medula ósea.

A medula ósea pode transplantarse, xa que pode extraerse dun óso de doante vivo, xeralmente do esterno ou da cadeira, mediante unha punción e aspiración e transfundirse ó sistema circulatorio do receptor se existe compatibilidade do sistema HLA (compatibilidade de órganos entre doante e receptor). As células nai transfundidas aniñarán na medula ósea dos ósos do receptor. É o que se chama transplante de medula ósea.

editar
  • No cine, o tema da medula ósea tratouse en diversas películas, destacando sobre todo, Medidas desesperadas con Andy Garcia e Michael Keaton.
  • Na linguaxe coloquial, chámaselle miolo [1], mais esta denominación refírese máis á medula ósea dos animais de abasto, os que son empregados na gastronomía. Noutros casos, dependendo do corte do óso, despois de que o miolo foi retirado, o óso pode ser empregado no escultismo, para o no da pañoleta.
  1. E tamén tutano por influencia do castelán tuétano.

Véxase tamén

editar