Transplante de medula ósea

O transplante de precursores hematopoéticos coñecido xenericamente como transplante de medula ósea, é un procedemento mediante o cal se destrúe a medula ósea danada dun paciente e é substituída por precursores hematopoéticos novos e sans.

Transplante de medula ósea / Transplante de precursores hematopoiéticos
Datos clínicos
Nome comercialInclúe unha variedade de medicamentos e tratamentos específicos utilizados antes, durante e despois do procedemento, tales como medicamentos de quimioterapia, medicamentos antivirais ou antibióticos para previr infeccións, e medicamentos inmunosupresores para previr ou tratar a GvHD (doenza do enxerto contra receptor)
Rutas de
administración
Intravenosa
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Procedemento e funcionamento editar

O transplante de medula ósea é un procedemento médico propio do campo da hematoloxía e adoita realizarse en pacientes con cancro de sangue ou medula ósea (xa sexa mieloma múltiple ou leucemia), para eliminar as células enfermas ou defectuosas e introducir células nai que produzan glóbulos e plaquetas sans. As células nai hematopoéticas multipotentes usualmente derivan da medula ósea, sangue periférico, ou sangue do cordón umbilical. Ó seren trasplantadas, repoboan a medula ósea e anovan a produción de glóbulos e plaquetas.

O transplante pode levarse a cabo empregando a medula do mesmo paciente receptor (transplante autólogo), ou doutra persoa (transplante aloxénico).[1][2][3]

Indicacións editar

Este tratamento úsase en pacientes con trastornos hematolóxicos, inmunitarios, ou neoplásicos, como leucemias, linfomas e inmunodeficiencias. En moitos casos, antes de levar a cabo o transplante é necesario destruír a medula ósea do receptor por medio de quimioterapia e/ou radioterapia.[4]

Riscos editar

Este procedemento implica riscos de infección, toxicidade pulmonar e neurolóxica, e a condición autoinmune chamada doenza enxerto-contra-hóspede ou doenza enxerto contra receptor, coñecida ás veces polas siglas en inglés GvHD (Graft versus Host Disease).[5]

Notas editar

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.