Fundación Meniños
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Fundación Meniños naceu en Galicia no ano 1996, co propósito de ofrecer á sociedade solucións ós problemas e dificultades que afectan á infancia no mundo. Con esta fundación naceu o Plan de Voluntariado de Meniños, como intento de dar resposta ao compromiso asumido pola organización de fomentar a participación da sociedade en xeral para axudar e traballar pola igualdade de tódolos nenos, nenas e adolescentes no cumprimento dos seus dereitos.
Fundación Meniños | |||
---|---|---|---|
Tipo | organización sen ánimo de lucro ![]() | ||
Economía | |||
Data | |||
Fundación | 1996 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Enderezo | Avenida de Cádiz 5, 2º izquierda (Edificio A Milagrosa). 15008 ![]() | ||
Sede | A Coruña ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | meninos.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |

O equipo humano formado por profesionais de psicoloxía e pedagoxía e voluntariado de Meniños, desenvolve programas de prevención nas sedes de Galicia, Asturias.
Para Meniños o voluntariado é unha expresión cidadá de participación e compromiso altruísta que contribúe a xerar cambios na situación da infancia e a adolescencia na dificultade social, así como a promover o cumprimento de dereitos. As persoas son voluntarias cando de maneira reflexiva, altruísta, solidaria, libre e comprometida decide participar, dedicando parte do seu tempo en beneficio dunha acción enmarcada dentro dun proxecto concreto.