Fundación Xeito Novo

A Fundación Xeito Novo de Cultura Galega é unha entidade formada no ano 1984 en Buenos Aires (Arxentina), por mozos da colectividade galega que interpretaron a necesidade de crear un espazo onde as novas xeracións puidesen levar adiante un proxecto cultural que os identificase plenamente.

Fundación Xeito Novo
TipoAsociación Cultural
Data de fundación1984
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
Na rede
Facebook: FundacionXeitoNovo Instagram: fundacionxeitonovo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Actividade editar

A Fundación Xeito Novo de Cultura Galega está conformada actualmente por máis de 350 asociados ou adherentes que participan das distintas actividades que promove a Fundación. A súa actividade divídese en dúas ramas principais.

A primeira está proxectada á difusión da cultura galega e desenvólvese por medio dos grupos artísticos e os traballos de investigación. Entre eles destácanse o grupo de música Folk Celta e o grupo de Bailes Tradicionais, que anualmente presentan o traballo realizado nun espectáculo chamado Galiza Sempre, que desde 1986 foi gañando espazo dentro do movemento cultural e artístico de Bos Aires. Convoca a máis de mil espectadores por función e recibe as mellores críticas dos xornais máis importantes da cidade. Dentro dos traballos de investigación o máis salientable é a publicación en Internet da revista A Grileira, con ao redor de cincuenta mil consultas no seu primeiro ano de vida. Tamén a Fundación organiza charlas e debates sobre temas relacionados coa cultura de Galicia, nas que participaron personalidades como Xosé Neira Vilas e Xosé Manuel Núñez Seixas.

A segunda rama de traballo da Fundación está orientada á formación a través de diferentes cursos que abarcan a música, o idioma, os bailes e a cociña. Deles xurdiron proxectos como a Mostra anual de Cociña Galega, que logrou converterse nun dos eventos máis populares dentro da colectividade galega na Arxentina.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar