Xosé Manoel Núñez Seixas

historiador galego
(Redirección desde «Xosé Manuel Núñez Seixas»)

Xosé Manoel Núñez Seixas, nado en Ourense o 15 de marzo de 1966, é un historiador galego.[1]

Infotaula de personaXosé Manoel Núñez Seixas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Instituto Universitário Europeu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseStuart Woolf (pt) Traducir e Heinz-Gerhard Haupt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos do nacionalismo e historia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Interesado enNacionalismo español, Catalanismo, nacionalismo galego e Nacionalismo Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoensaio
LinguaLingua castelá, lingua francesa, lingua galega, lingua alemá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHenrike Fesefeldt Editar o valor em Wikidata
FillosIrene e Sara
Premios

Dialnet: 9403

Traxectoria editar

Estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas Universidade de Santiago de Compostela e na Université de Bourgogne (Dijon). Foi investigador doutorando no Instituto Universitario Europeo (IUE) de Florencia (1989-1992), onde se doutorou en Historia Contemporánea baixo a dirección dos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf.[2]

O seu labor investigador céntrase na análise comparada e transnacional dos nacionalismos subestatais e estatais, tanto ibéricos como europeos, no século XX, ben como nos estudos migratorios (especialmente da emigración galega a América), na historia cultural da guerra, sobre todo da segunda guerra mundial e da Guerra Civil Española, e mais na memoria das ditaduras. Sobre eses temas ten máis dunha ducia de monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, castelán e catalán, amais de abondosos artigos en revistas ibéricas e internacionais, e capítulos en libros colectivos de ámbito europeo e internacional. Fai parte de varios consellos asesores de revistas galegas, ibéricas e internacionais, como Ayer, Historia del Presente, Análise Social e European History Quarterly, ben como do consello de redacción das revistas Historia Social (Valencia) e Passato e Presente (Florencia). Entre 2021 e 2023 dirixiu a revista Sémata (Santiago de Compostela).

Foi profesor titular (1994-2007) e, dende 2007, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Igualmente, foi profesor convidado de varias universidades europeas (Bielefeld, Zentrum für zeithistorische Forschung Potsdam, París VII, París X, Verona e Torino), arxentinas (Mar del Plata) e norteamericanas (Stanford, City University of New York). Tamén foi profesor visitante entre 2014 e 2018 do Colexio de Europa, Natolin (Varsovia).[3]

Dende o 1 de outubro do 2012 até o 30 de setembro de 2017 ocupou a cátedra de Historia Contemporánea de Europa (séculos XIX e XX) na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic, Alemaña, onde desenvolveu o seu labor docente e investigador.

Dende xullo de 2018, é tamén vicepresidente do Consello da Cultura Galega, onde dirixe o Arquivo da Emigración Galega. É igualmente coordenador do Grupo de Investigación da USC Historia política e dos nacionalismos (HISPONA).

Vida persoal editar

Casado coa historiadora alemá Henrike Fesefeldt, é pai de dúas fillas.[4]

Obra editar

En galego editar

Ensaio
  • O galeguismo en América, 1879-1936 (Sada: Ediciós do Castro, 1992).
  • O nacionalismo galego, con J. G. Beramendi (Vigo: A Nosa Terra, 1995, 2ª ed. 1996).
  • Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia, 1900-1930 (Vigo: Xerais, 1998).
  • O inmigrante imaxinario. Estereotipos, identidades e representacións dos galegos na Arxentina (1860-1940) (Compostela: USC, 2002).
  • As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1972, con Raúl Soutelo (Vigo: Galaxia, 2005).
  • O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Vigo: Galaxia, 2016).
  • Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Vigo: Galaxia, 2021).
  • (editor) Castelao. Escritos políticos (Vigo: Galaxia, 2021).
Obras colectivas (ed.)
  • O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios (con P. Cagiao Vila) (Sada-A Coruña: Eds. do Castro/ Consello da Cultura Galega, 2006)
  • Os galegos de ultramar: Galicia e o Río de la Plata, t.10, v.2. en A gran historia de Galicia (2007).
  • Amarras de tinta. Emigración transoceánica e escrita popular na Península Ibérica, séculos XIX-XX (con D. González Lopo) ( Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011).
  • Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. No 70 aniversario da fundación do Consello de Galiza (con Ramón Villares) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017).
  • As Irmandades da Fala no seu tempo. Perspectivas cruzadas (con Ramón Villares e R. Máiz) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021).

En castelán editar

Ensaio
  • Movimientos nacionalistas en Europa. Siglo XX (Madrid: Síntesis, 1998, 2ª ed 2004).
  • Los nacionalismos en la España contemporánea (siglos XIX y XX) (Barcelona: Hipòtesi, 1999).
  • Entre Ginebra y Berlín. La cuestión de las minorías nacionales y la política internacional en Europa, 1914-1939 (Madrid: Akal, 2001).
  • ¡Fuera el invasor! Nacionalismos y movilización bélica durante la guerra civil española, 1936-1939 (Madrid: Marcial Pons, 2006).
  • Imperios de muerte. La guerra germano-soviética, 1941-1945 (Madrid: Alianza, 2007).
  • Patriotas y demócratas. El discurso nacionalista español después de Franco (Madrid: Catarata, 2010).
  • La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución (Granada: Comares, 2012).
  • Las patrias ausentes. Estudios sobre historia y memoria de las migraciones ibéricas (1830-1960)" (Oviedo: Genueve Eds., 2014).
  • Las utopías pendientes. Una breve historia del mundo desde 1945 (Barcelona: Crítica, 2015).
  • Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul, 1941-1945 (Barcelona: Crítica, 2016; 2ª ed. en capa branda, 2017).
  • Los colores de la patria. Símbolos nacionales y vida política en la España contemporánea (Madrid: Tecnos, 2017). Con Javier Moreno Luzón.
  • España en democracia, 1975-2011 (Barcelona/Madrid: Crítica/Marcial Pons, 2017; 2ª ed. en capa branda, 2020). Con Lina Gálvez e Javier Muñoz Soro.
  • Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018 (Barcelona: Crítica, 2018; 2ª ed. 2020).
  • El frente del Este. Historia y memoria de la guerra germano-soviética, 1941-1945 (Madrid: Alianza, 2018).
  • Patriotas transnacionales. Ensayos sobre nacionalismos y transferencias culturales en el siglo XX (Madrid: Cátedra, 2019).
  • Un ruso blanco en la División Azul. Memorias de Vladímir Kovaleski (1941) (Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2019). Edición e introdución, con Oleg Beyda.
  • Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria, 1945-2020 (Barcelona: Crítica, 2021).
  • Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea, 1945-2021 (Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2022). ISBN 978-84-19075-47-5
  • Más allá de Euskadi. Perspectivas transnacionales sobre el nacionalismo vasco en el siglo XX (Vitoria-Gasteiz: Betagarri Liburuak, 2023).
  • Imperios y danzas. Nacionalismo y pluralidad territorial en el fascismo español (1930-1975) (Madrid: Marcial Pons, 2023). ISBN 9788418752544
Obras colectivas
  • La Galicia Austral: La inmigración gallega en la Argentina (Bos Aires: Biblos, 2001). Editor.
  • Los enemigos de España (Madrid: CEPC, 2010). Coeditor con F. Sevillano.
  • Los heterodoxos de la patria. Biografías de nacionalistas atípicos en la España del siglo XX (Granada: Comares, 2011). Coeditor con Fernando Molina.
  • Nacidos para mandar. Liderazgo, política y poder: Perspectivas comparadas (Madrid: Tecnos, 2012). Coeditor con Ludger Mees.
  • Ser españoles. Imaginarios nacionalistas en el siglo XX (Barcelona: RBA, 2012). Coeditor con Javier Moreno Luzón.
  • Imaginarios y representaciones de España durante el franquismo (Madrid: Casa de Velázquez, 2014). Coeditor con Stéphane Michonneau
  • Historia mundial de España (Barcelona: Destino, 2018).
  • Patrias diversas, ¿misma lucha? Alianzas transnacionales en el mundo de entreguerras (1912-1939) (Barcelona: Eds. Bellaterra, 2020). Coeditor con E. Ucelay-Da Cal e A. Gonzàlez i Vilalta.
  • Patrias lejos de casa. Nacionalismo español, migración y exilio en Europa y América (1870-2010) (Zaragoza: PUZ, 2020). Coeditor con Marcela García Sebastiani.

En inglés editar

Ensaio
  • Historiographical Approaches to Nationalism in Spain (Saarbrücken/Fort Lauderdale: Breitenbach, 1993).
  • Catalan Nationalism and the Quest for Independence in the Twenty-First Century: A Historical Perspective (Antwerp: Peristyle, 2020, NISE Essays 5).
  • Sites of the Dictators. Memories of Authoritarian Europe, 1945-2020 (Londres: Routledge, 2021).
  • The Spanish Blue Division on the Eastern Front, 1941-1945. War, Occupation, Memory (Toronto: University of Toronto Press, 2022).
  • An Anti-Communist on the Eastern Front. The Memoirs of a Russian Officer in the Spanish Blue Division, 1941-42 (Londres: Pen & Sword, 2023). Con Oleg Beyda.
  • Beyond Folklore? The Franco Regime and Ethnoterritorial Diversity in Spain, 1930-1975 (London: Routledge, 2024).
Obras colectivas
  • Nationalism in Europe: Past and Present (Santiago de Compostela: USC, 1994), 2 vols. Coed. con J. G. Beramendi e R. Máiz.
  • Metaphors of Spain. Representations of Spanish National Identity in the 20th century (Nova York/Oxford: Berghahn, 2017; 2ª ed. en capa branda, 2021). Coed. con J. Moreno Luzón.
  • War Veterans and the World after 1945. Cold War Politics, Decolonization, Memory (Londres: Routledge, 2018; 2ª ed. en capa branda, 2020). Coed. con Angel Alcalde.
  • Regionalism and Modern Europe. Identity Constructions and Movements from 1890 to the Present Day (Londres: Bloomsbury, 2018). Coed. con Eric Storm.
  • Emotions and Everyday Nationalism in Modern European History (Londres: Routledge, 2020). Coed. con Andreas Stynen e Maarten Van Ginderachter.
  • The First World War and the Nationality Question in Europe. Global Impact and Local Dynamics (Leiden/Boston: Brill, 2020).

En alemán editar

  • Die spanische Blaue Division an der Ostfront, 1941-1945. Zwischen Kriegserfahrung und Erinnerung (Münster: Aschendorff Verlag, 2016).
  • Die bewegte Nation. Der spanische Nationalgedanke, 1808-2019 (Hamburgo: Hamburger Edition, 2019). Segunda edición, Bonn: Bundeszentrale für politische Bildung, 2020.

Noutras linguas editar

  • En francés: Icônes littéraires et stéréotypes sociaux. L'image des immigrants galiciens en Argentina (1800-1960) (Besançon: Presses Universitaires de Franche-Comté, 2013).
  • En catalán: Internacionalitzant el nacionalisme. El catalanisme polític i la qüestió de les minories nacionals a Europa, 1914-1936 (Catarroja/Valencia: Afers/PUV, 2010) e El catalanisme davant del feixisme (1919-2018) (Maçanet de la Selva: Gregal, 2018), coed. con Enric Ucelay-Da Cal e A. Gonzàlez i Vilalta.
  • En portugués: Fascismo, guerra e memória. Olhares ibéricos e europeus (Porto Alegre: EdiPUCRS/ USC, 2016).
  • En ruso: con Oleg Beyda (ed.),  V. I. Kovalevskii, Ispanskaia grust'. Golubaia diviziia i pokhod v Rossiiu, 1941 – 1942 gg. (San Petersburgo: Nestor, 2021).

Recoñecementos editar

  • Premio Nacional de Ensaio do Ministerio de Cultura de España por Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018 (2019)[5]
  • V Premio Internacional de Ensaio Memorial Walter Benjamin por Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea (1945-2021) (2021)[8]

Notas editar

  1. Ficha do persoeiro en Escola Europea d'Humanitats (en catalán).
  2. Ficha de Núñez Seixas Arquivado 17 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en Hispona.org.
  3. "Núñez Seixas, Xosé M.". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  4. Ficha de Núñez Seixas en prabook.com (en inglés).
  5. "Xosé Manoel Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensayo". La Voz de Galicia. Consultado o 29/10/2019. 
  6. "Xosé Manuel Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Nós Diario. 21/12/2020. 
  7. Redacción (22 de decembro de 2020). "Xosé Manuel Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  8. "Xosé M. Núñez Seixas gaña o V Premio Internacional de Ensaio Walter Benjamin". usc.gal. 19 de novembro de 2021. Consultado o 9 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar