Iolanda Galanes Santos, nada en Vigo o 15 de agosto de 1969, é unha filóloga, terminóloga e profesora universitaria galega.

Infotaula de personaIolanda Galanes
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Doutora en filoloxías galega e portuguesa, é unha experta en terminoloxía e tradución, colaborando en institucións como o Consello da Cultura Galega, a Escola Galega de Administración Pública, o Centro de Estudios Políticos y Constitucionales ou a Université de Laval (Québec, Canadá).

Domina os idiomas francés, galego, portugués, castelán, e inglés, sendo especialista en tradución especializada: tradución xurídica, administrativa, económica e científica.

As súas investigacións céntranse na terminoloxía, as linguas de especialidade, a planificación lingüística e a tradución literaria en Galicia.

É profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, e Presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía.[1] Ademais foi colaboradora do diario Xornal de Galicia.[2]

Forma parte de equipo de traballo da Biblioteca de tradución galega.

Distincións

editar

Foi galardoada co Premio de Tradución Plácido Castro, na súa quinta edición (2005), pola súa versión ao galego de A herdanza dos caracteres adquiridos, de Michel Delson.

Obras colectivas

editar
  1. "Sociedade Galega de Terminoloxía". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2013. Consultado o 22 de maio de 2011. 
  2. Xornal de Galiciaarquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2010

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar