Joan Didion

escritora estadounidense

Joan Didion, nada en Sacramento, California o 5 de decembro de 1934 e finada en Nova York, o 23 de decembro de 2021,[1] foi unha escritora e xornalista estadounidense, coñecida polas súas novelas e ensaios.

Infotaula de personaJoan Didion

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Sacramento, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley - grao en Artes (–1956)
C. K. McClatchy High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, xornalismo e film screenwriting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , escritora , xornalista , novelista , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
MovementoJornalismo literário (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJohn Gregory Dunne (pt) Traducir (1964–2003), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
ParentesQuintana Roo Dunne (en) Traducir (filla adoptiva) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjoandidion.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0225820 Allocine: 51905 Allmovie: p177354 IBDB: 448762
Facebook: JoanDidionAuthor Instagram: joandidion WikiTree: Didion-25 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Didion comezou a escribir textos á temperá idade de cinco anos, a pesar de que ela afirma que nunca se viu como escritora ata que se editaron as súas obras. Voraz lectora, necesitou un permiso especial da súa nai para poder pedir prestados libros de adultos na biblioteca.[2]

De nena, concorreu ao xardín de infantes e primeiro grao. Aínda que, debido a que o seu pai era parte de Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial, a súa familia mudábase constantemente e non foi ao colexio regularmente. Á idade de 9 ou 10 anos, en 1943 ou 1944, a súa familia restableceuse en Sacramento.

En 1956, graduouse en Inglés pola Universidade de California en Berkeley. Gañou un primeiro lugar nun concurso de ensaios patrocinado pola revista Vogue, o "Prix de Paris", cuxo premio era un traballo na devandita publicación.

En dous anos, ascendeu de copywriter a editora asociada. Mentres tanto, escribiu a súa primeira novela, Run, River, que foi publicada en 1963. Volveu a California xunto ao seu novo esposo, o escritor John Gregory Dunne, e en 1968 publicou Slouching Towards Bethlehem, a súa primeira obra de non ficción, unha colección de notas xornalísticas sobre as súas experiencias en California.[3] Gañou sona como representante do "novo xornalismo" dos Estados Unidos e como voz da contracultura na década de 1970 cando participou activamente nas reivindicacións feministas e pacifistas.[4][5]

En 1979, publica The White Album, outra colección de notas das revistas Life, Esquire, The Saturday Evening Post, The New York Times, e The New York Review of Books.

Play It As It Lays, obra situada en Hollywood, foi publicada en 1970 e A Book of Common Prayer en 1977. O seu ensaio de 1983, Salvador, foi escrito tras dúas semanas de viaxe polo Salvador xunto co seu marido. Ademais escribiu Democracy en 1984, que trata sobre a súa preocupación pola perda dos valores tradicionais da sociedade. O seu libro de non ficción de 1987, Miami, trata sobre os cubanos expatriados en Miami. En 1992, publica After Henry, unha colección de doce ensaios xeográficos. En 1996, publica The Last Thing Hei Wanted, un suspense romántico.

Dunne e Didion traballaron xuntos ao longo das súas carreiras, e de feito moitas das súas obras están entrelazadas. Xunto a Dunne, Didion coescribiu varios guións, entre elas unha adaptación da súa novela Play It As It Lays. Ademais pasaron oito anos adaptando a biografía da xornalista Jessica Savitch ao filme Up Close & Persoal.

Comezou a escribir The Year of Magical Thinking, unha narración da súa resposta á morte do seu marido e á severa enfermidade da súa filla, Quintana, o 4 de outubro de 2004, e terminou o manuscrito 88 días despois, na véspera de Ano Novo.[6]

En 2006, Everyman's Library publicou We Tell Ourselves Stories in Order to Live, un compendio de gran parte da obra de Didion, incluíndo os seus primeiros sete libros de non ficción: Slouching Towards Bethlehem, The White Album, Salvador, Miami, After Henry, Political Fictions, e Where I Was From, cunha introdución do crítico John Leonard.

En 2007, comezou a traballar nunha adaptación de The Year of Magical Thinking. Producida por Scott Rudin, esta obra de teatro foi protagonizada en Broadway por Vanessa Redgrave.[7]

Tamén esbozou os guións dunha película biográfica que ía ser dirixida por Robert Benton, sobre a famosa xornalista e editora Katharine Graham, mais este proxecto quedou sen título e abandonado.[8]

En 2011, a editorial Knopf publica Blue Nights, un ensaio sobre o envellecemento. Este libro céntrase na súa filla, Quintana Roo Dunne, que morreu pouco antes da publicación de The Year of Magical Thinking.[9][10]

Vida persoal editar

Mentres traballaba en Vogue, coñeceu o seu futuro marido, John Gregory Dunne, quen nese momento escribía para a revista Time. casaron en 1964 e mudáronse aos Ánxeles, California, onde vivirían máis de vinte anos.

En 1979, Didion vivía en Brentwood Park, California, un tranquilo suburbio dos Ánxeles. Antes de mudarse alí, viviu na área de Hollywood/Los Feliz.[11]

Dúas traxedias golpearon á escritora en menos de dous anos. O 30 de decembro de 2003, o seu marido sufriu un ataque cardíaco fatal. A súa filla Quintana atopábase moi enferma nese momento (choque séptico como consecuencia dunha pneumonía), e Didion suspendeu o funeral por un mes ata que ela mellorase e puidese asistir. Pouco despois, Quintana sufriu hematomas masivos. Practicáronlle cirurxía cerebral durante seis horas no Centro Médico UCLA.[6] Quintana morreu de pancreatite o 26 de agosto de 2005, aos 39 anos de idade.[7]

Con 30 anos foi diagnosticada de esclerose múltiple. Faleceu o 23 de decembro de 2021 na súa casa de Nova York por mor de complicacións asociadas á enfermidade de Parkinson, segundo informou o seu editor.[12]

Obras editar

Ficción
  • Run, River (1963)
  • Play It as It Lays (1970)
  • A Book of Common Prayer (1977)
  • Democracy (1984)
  • The Last Thing He Wanted (1996)
Non ficción
  • Slouching Towards Bethlehem (1968)
  • The White Album (1979)
  • Salvador (1983)
  • Miami (1987)
  • After Henry (1992)
  • Political Fictions (2001)
  • Where I Was From (2003)
  • Fixed Ideas: America Since 9.11 (2003, prólogo de Frank Rich)
  • Vintage Didion (2004, selección de obras previas)
  • The Year of Magical Thinking (2005), traducido ao galego como O ano do pensamento máxico por Eva Almazán (2022, Rinoceronte Editora)
  • We Tell Ourselves Stories in Order to Live: Collected Nonfiction (2006), inclúe os seus primeiros sete volumes de non ficción
  • Blue Nights (2011) ISBN 978-0-307-26767-2
Obras de teatro
  • The Year of Magical Thinking (2006)
Guións
  • The Panic in Needle Park (1971)
  • Play It as It Lays (1972), (baseado na súa novela)
  • A Star Is Born (1976)
  • True Confessions (1981)
  • Up Close & Personal (1996)

Premios e recoñecementos editar

A obra The Year of Magical Thinking, foi galardoada co "Premio Nacional á Non Ficción" en 2005.[13]

En 2007, recibiu a "Medalla por contribucións distinguidas ás Letras estadounidenses" da Fundación Nacional do Libro."[14] Ese mesmo ano, gañou o premio Evelyn F. Burkey.[15]

En 2009, foi premiada cun grao honorario de Doutora en Letras da Universidade de Harvard.[16] A Universidade de Yale conferiulle outro grao honorario de Doutora en Letras en 2011.[17] En 2012, o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, conceudeulle a Medalla Nacional das Humanidades.[18]

Notas editar

  1. Stamberg, Susan (2021-12-23). "Writer Joan Didion, whose 'electric anxiety' inspired a generation, has died at 87". NPR (en inglés). Consultado o 2021-12-23. 
  2. Joan Didion Biography - Academy of Achievement - "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2013. 
  3. Joan Didion (1934-)." Contemporary Literary Criticism. Ed. Jeffrey W. Hunter. Vol. 129. Detroit: Gale Group, 2000. 58-108. Literature Criticism Online. Gale. St. John's University Library. 10 de abril de 2009 http://galenet.galegroup.com/servlet/LitCrit/jama62549/FJ3533350004
  4. Braman, Sandra. "Joan Didion". upenn.edu. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2019. Consultado o 2021-12-24. 
  5. Nast, Condé (2015-08-17). "The Radicalization of Joan Didion". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2021-12-24. 
  6. 6,0 6,1 Feature: When Everything Changes - http://nymag.com/nymetro/arts/books/14633/
  7. 7,0 7,1 Guernica/a magazine of art & politics- "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2006. Consultado o 25 de outubro de 2006. 
  8. "Joan-Didion.info "Biopic Abandoned"". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  9. "Joan-Didion.info "Details Emerge About Blue Nights"". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  10. Joan Didion Mourns Her Daughter, By JOHN BANVILLE The New York Times, 3 de novembro de 2011
  11. Joan Didion: Staking Out California - http://www.nytimes.com/1979/06/10/books/didion-calif.html?pagewanted=1
  12. "Joan Didion dead, writer chronicled American culture with cool detachment". Los Angeles Times (en inglés). 2021-12-23. Consultado o 2021-12-23. 
  13. "National Book Awards – 2005". National Book Foundation.
  14. "Distinguished Contribution to American Letters". National Book Foundation.
  15. New York Times: "A Medal for Joan Didion," Sept. 11, 2007
  16. http://news.harvard.edu/gazette/story/2009/06/ten-honorary-degrees-awarded-at-commencement/
  17. "Joan-Didion.info "Didion Receives Honorary Degree from Yale"". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  18. "Joan Didion". The National Endowment for the Humanities (en inglés). Consultado o 2021-12-23.