Mary Prince
Mary Prince, nada en Brackish Pond (Bermudas) arredor do 1 de outubro de 1788 e finada despois de 1833,[1] foi unha abolicionista e autobiógrafa británica, nada nunha familia de escravos de orixe africana. Despois da súa fuxida,[2] cando vivía en Londres, escribiu o seu relato de escravitude Mary Prince, unha escrava das indias occidentais (1831), que foi a primeira información sobre a vida dunha muller negra publicada no Reino Unido. Esta descrición en primeira persoa das brutalidades da escravitude, publicada nun momento en que esta aínda era legal nas Bermudas e nas colonias británicas do Caribe, tivo un efecto estimulante no movemento antiescravitude. Foi reimpreso dúas veces no seu primeiro ano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1788 Devonshire, Bermudas (pt) |
Morte | c. 1833 (44/45 anos) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Actividade | |
Ocupación | escritora, escrava |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of African American Women Writers (en) African American Authors, 1745-1945 (1st edition) (en) , (p.357-360) Dictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography (en) |
Prince transcribira a súa historia mentres vivía e traballaba en Inglaterra na casa de Thomas Pringle, fundador da Anti-Slavery Society. Ela marchara a Londres co seu dono e a súa familia en 1828 dende Antiga.
Legado
editar- O 26 de outubro de 2007, inaugurouse unha placa conmemorativa por parte do Nubian Jak Community Trust en Bloomsbury, onde viviu Mary Prince.[3][4]
- Tamén en 2007, o Museum in Docklands abriu unha nova galería e unha exposición permanente titulada London, Sugar & Slavery,[5] que acredita a Prince como unha autora que "tivo un papel crucial na campaña pola abolición".[3]
Representación noutros medios
editar- Prince aparece como interese amoroso ficticio na ópera jazz Bridgetower – A Fable of 1807 (2007), de Julian Joseph con libreto de Mike Phillips, sobre o violinista negro do século XVIII George Bridgetower.[3][6]
- No Reino Unido e Irlanda e en partes de Europa e Suramérica, Prince foi obxecto dun Google doodle o 1 de outubro de 2018, coincidindo co seu 230.º aniversario.[7][8]
Notas
editar- ↑ David Hughes, "Mary Prince marked with Google Doodle today: who was the abolitionist?", i News, 1 de outubro de 2018.
- ↑ "The National Archives | Exhibitions & Learning online | Black presence | Rights". www.nationalarchives.gov.uk. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Sara Wajid, "'They bought me as a butcher would a calf or a lamb'", The Guardian, 19 de outubro de 2007.
- ↑ "Plaque: Mary Prince", Memorial, London Remembers.
- ↑ Sara Wajid, "London, Sugar & Slavery Opens At Museum In Docklands" Arquivado 15 de agosto de 2019 en Wayback Machine., Culture24, 9 de novembro de 2007.
- ↑ Bridgetower – A Fable of 1807 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Cast list.
- ↑ "Mary Prince’s 230th Birthday". Google. 1 de outubro de 2018.
- ↑ Sommerlad, Joe (28 de febreiro de 2017). "Mary Prince: Who was the abolitionist and author of the first slavery memoir published in Britain by a woman?". The Independent. Consultado o 1 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- The History of Mary Prince: A West Indian SlaveArquivado 15 de agosto de 2019 en Wayback Machine., F. Westley and A. H. Davis (eds). 1831. Online HTML edition, New York Public Library.
- Major Problems in American Women's History. Fifth Edition Stamford, Connecticut: Cengage Learning. Edited by Sharon Block at University of California, Irvine and Ruth M. Alexander at Colorado State University and Mary Beth Norton at Cornell University, p. 62.
Ligazóns externas
editar- The History of Mary Prince, a West Indian Slave. Related by Herself. With a Supplement by the Editor. Londres: Publicado por F. Westley e A. H. Davis, 1831, na University of North Carolina.
- Spartacus Educational: Mary Prince.
- "Mary Prince" Arquivado 15 de agosto de 2019 en Wayback Machine., 100 Great Black Britons
- The History of Mary Prince, University of California, Santa Barbara
- Mary Prince Course, Coker College, Hartsville, South Carolina
- A Slave Account by Mary Prince, Turks & Caicos Museum