María Alonso Seisdedos
María del Carmen Alonso Seisdedos, nada en Vigo en 1961, é unha tradutora galega.
María Alonso Seisdedos | |
---|---|
Nacemento | 1961 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Autónoma de Barcelona e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | tradutora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Barcelona (1984[1]) e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traduce desde o inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, principalmente ó galego.[2]
Desde o ano 1986, traduciu para dobraxe e subtitulación multitude de produtos audiovisuais ó galego.[3] Realizou correccións ortotipográficas e de estilo para editoriais galegas[2].
No ano 2009 iniciouse na tradución literaria e verteu ó galego autores como Orhan Pamuk, Kazuo Ishiguro e Herman Koch, así como obras de literatura infantil e xuvenil.[2]
Obras traducidas editar
Traduciu unha gran cantidade de obras desde diversas linguas[4][5][6]:
Obras literarias editar
- O museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
- Neve, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
- Nocturnos, de Kazuo Ishiguro (Editorial Galaxia, 2010)
- O libro negro, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2011) con Bartug Aykan
- Chámome vermello, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2012) con Bartug Aykan
- A cea, de Herman Koch (Editorial Galaxia, 2012) con Antón Vialle
- Ulises, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2013) con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle
- As lentes de ver de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Carliños Súper M de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
- O rabaño de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Os camiños das árbores de Pep Bruno (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Grazas! de Charo Pita (Ediciones La Fragantina, 2014)
- Kiwi: un paxaro máis ben raro de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2014)
- O rei dos animais de Miguel Tanco (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Só un reloxo de Roberto Aliaga (Ediciones La Fragantina, 2015)
- Un día no mar de Paula Carbonell (Ediciones La Fragantina, 2015)
- O enigma de Qaf de Alberto Mussa (NovoVinilo Edicións, 2015)
- Nemo, o rapaz sen nome, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2016)
- O momento perfecto de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2016)
- Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
- Nemo, o xigante de pedra, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
- O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
- A concesión do teléfono, de Andrea Camilleri (NovoVinilo Edicións, 2017)
- Sombras de reis barbudos, de José J. Veiga (NovoVinilo Edicións, 2017)
- A casa do sono, de Jonathan Coe (NovoVinilo Edicións, 2017)
- O año que é un porquiño, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
- Porque te quero moito, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
- O granxeiro e o veterinario, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
- O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris (Edicións Xerais de Galicia, 2019)
- Mulleres e poder, de Mary Beard (Hércules de Ediciones, 2019)
- O chuvasqueiro de Aurora, de María Márquez (Bellaterra Edicións, 2020)
- A muller do porvir, de Concepción Arenal (Consello da Cultura Galega, 2020)
- Na néboa, de Richard Harding Davis (Hugin e Munin, 2020)
- A contrapelo. Ou por que rachar co círculo da depilación, submisión e autoodio, de Bel Olid (Embora, 2020)
- Fodemos? De que non falamos cando falamos de sexualidades, de Bel Olid (Embora, 2021)
- Unha educación, de Tara Westover (Hércules de Ediciones, 2021)
- Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà (Kalandraka, 2021)
- Os Rescatadores Máxicos e a trapela a Imaxinaria, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021)
- Os Rescatadores Máxicos e o aniversario do revés, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021)
- Dublineses, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2022)
- Despois do diario de Anne Frank, de Bas Von Benda-Beckmann (Kalandraka, 2022) con Antón Vialle
- Bambi. Unha aventura na fraga, de Felix Salten (Editorial Galaxia, 2022)
- Mathilda, de Mary Wollstonecraft Shelley (Irmás Cartoné, 2022)
- Feminismo de peto, de Bel Olid (Embora, 2022)
- O día que morreu David Bowie, de Sebastià Portell Clar (Edicións Positivas, 2022)
- A Casa Grande de Romarigães, de Aquilino Ribeiro (Kalandraka, 2022)
- Léxico familiar, de Natalia Ginzburg (Edicións Laiovento, 2022)
- Susana Pillabana e as tesoiras, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
- Susana Pillabana e o dedo fedorento, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
- Carol, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022)
- O talento do señor Ripley, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022)
- Canas ao vento, de Grazia Deledda (Irmás Cartoné, 2023)
Obras audiovisuais editar
Entre outras obras, traduciu ó galego para a súa posterior emisión en Televisión de Galicia[7]:
- Argo (Ben Affleck, 2012)
- Harry Potter e a pedra filosofal (Chris Columbus, 2001)
- Harry Potter e a Cámara dos Segredos (Chris Columbus, 2002)
- Harry Potter e o preso de Azkaban (Alfonso Cuarón, 2004)
- Harry Potter e o Cáliz de fogo (Mike Newell, 2005)
- Harry Potter e a Orde do Fénix (David Yates, 2007)
- Harry Potter e o misterio do príncipe (David Yates, 2009)
- Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) (David Yates, 2010)
- Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) (David Yates, 2011)
- Million Dollar Baby (Clint Eastwood, 2004)
Distincións editar
- 2009: Premio á Mellor Tradución da Asociación de Escritores en Lingua Galega por O museo da inocencia[8], Orhan Pamuk e co-traducida con Bartug Aykan.
- 2011: Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos por O libro negro[9], de Orhan Pamuk e co-traducida con Bartug Aykan.
- 2013: Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores)
- 2013: Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido por Ulises de James Joyce
- 2013: Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do ano por Ulises de James Joyce
- 2013: Premio da AELG á mellor tradución por Ulises de James Joyce
- 2014: Premio Nacional de Tradución de España [10] por Ulises de James Joyce
- 2018: I Premio Xela Arias, organizado pola AGPTI[11].
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Traducido do ano 2021 por Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà,
- 2021: Premio Plácido Castro de Tradución na súa XX edición[12] por Canto eu e a montaña baila
- 2021: Premio Ramón Llull á mellor tradución literaria desde o catalán do ano por Canto eu e a montaña baila[13][14].
- 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego á tradución por Léxico familiar, de Natalia Ginzburg.
Notas editar
- ↑ "“Para min, en calquera tradución, o reto está sempre en meterme no papel”, asegura María Alonso Seisdedos, gañadora da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución". www.fundacionplacidocastro.com. Consultado o 2022-09-06.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 [1] Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Blog da autora.
- ↑ “Nunca volvo ver unha tradución miña, seguro que cambiaría cousas”, no Diario da Universidade de Vigo, 2015.
- ↑ María Alonso Seisdedos Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine., blog da autora.
- ↑ María Alonso Seisdedos, en Cultura Galega.
- ↑ Páxina da tradutora, en Editorial Xerais.
- ↑ Entrevista á tradutora, no blogue Derrubando isoglosas.
- ↑ A mellor tradución do ano en Editorial Galaxia, 2011.
- ↑ Dous libros de Galaxia, premiados na web Fervenzas Literarias Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Editorial Galaxia.
- ↑ A versión en galego do 'Ulises' de Joyce gaña o Premio Nacional de Tradución Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en El Correo Gallego, 2013.
- ↑ A tradutora María Alonso Seisdedos é a gañadora do primeiro premio Xela Arias Arquivado 31 de outubro de 2018 en Wayback Machine., páxinas web da AGPTI, 30 de outubro de 2018.
- ↑ María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición, Fundación Plácido Castro, 2 de setembro de 2022
- ↑ Mary Ann Newman, Claire Verlet, María Alonso Seisdedos y Simona Škrabec, Premis Internacionals Ramon Llull 2022, Institut Ramon Llull, 14 de decembro de 2022
- ↑ Un novo premio para a tradutora María Alonso Seisdedos, Diario Cultural, 20 de decembro de 2022