Marta Dahlgren

profesora e tradutora galega de orixe sueca

Marta Cristina Dahlgren Thorsell, nada en Vanersborg en 1941, é unha profesora e tradutora sueco-galega.

Modelo:BiografíaMarta Dahlgren

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Vänersborg, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, tradutora Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX976958

Traxectoria

editar
 
Dahlgren nunha imaxe de 2016.

Chegou a Galicia en 1967. Tras a crianza das dúas fillas (unha delas é a artista viguesa Elena Gómez Dahlgren), cursou estudos universitarios en Vigo e máis tarde en Compostela[1]; doutorouse con sobresaíante cum laude en Filoloxía Inglesa (coa tese Narrators and Reflectors in Works by William Faulkner) e quitou a praza como profesora titular de inglés na Universidade de Vigo, onde impartiu a docencia dende 1992 até a súa xubilación en setembro de 2009[2]. Previamente, entre 1981 e 1992, exercera como profesora de inglés técnico na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo.

Aprendeu a lingua galega durante a súa etapa como profesora universitaria.

Na súa faceta de tradutora dende o sueco, foi galardoada en 2002 co premio de Tradución outorgado pola Área de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, pola obra Os irmáns de Corazón de León, traducida canda Liliana Valado; así mesmo, en 2016 recibiu o XV Premio Plácido Castro pola súa tradución ao galego de Kallocaína, unha novela de Karin Boye[3][4].

Até 2020, foi coeditora da revista especializada Vigo International Journal of Applied Linguistics.

Traducións

editar

Cara ao galego

editar

Do galego ao inglés

editar

Do galego ao sueco

editar
  • Hårsvall. Claudio Rodríguez Fer, A cabeleira (Poema en 60 idiomas). A tola soñando, núm. 1, 3ª edición ampliada, s. l. (Lugo), 2016.

Outras publicacións

editar
  • "Como é que son galega", no apartado O pobo elixido da revista Luzes, nº 41 (febreiro de 2017)
  1. Una sueca a la que le gusta decir «arre demo», entrevista en La Voz de Galicia o 1 de outubro de 2016. (en castelán)
  2. La hija del cura casado, reportaxe sobre a autora en El País o 19 de setembro de 2009. (en castelán)
  3. Unha tradución directa do sueco ao galego gaña o XV Premio Plácido Castro, nova en Praza Pública o 24 de xuño de 2016.
  4. Marta Dahlgren recibiu en Cambados o premio Plácido Castro de Tradución, nova en 'PontevedraViva.com. o 30 de setembro de 2016.
  5. Ficha da obra no Proxecto Meiga.
  6. Vivir na fin do mundo, de Christina Lilliestierna, Caderno da crítica, 10 de agosto de 2019.
  7. Ficha da obra na Biblioteca Nacional de España. (en castelán)
  8. Ficha da obra Arquivado 05 de outubro de 2016 en Wayback Machine. en Galicianliterature.gal. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar