Victoria Benedictsson

escritora sueca

Victoria Benedictsson, nada en Domme o 6 de marzo do 1850 e finada en Copenhague o 21 de xullo do 1888, foi unha escritora sueca. O seu nome de nacemento é Victoria Maria Bruzelius, e escribiu baixo o pseudónimo de Ernst Ahlgren. Entre as súas obras, destacan Cartos (1885) e Fru Marianne (1887).[1]

Infotaula de personaVictoria Benedictsson
Biografía
Nacemento(sv) Victoria Bruzelius Editar o valor em Wikidata
1850
Domme
Morte21 de xullo do 1888
Copenhague
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Desangramento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio Oeste (Copenhague) 
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritora
Período de actividadeSéculo XIX
Xénero artísticoNovela, teatro
MovementoRealismo
Pseudónimo literarioErnst Ahlgren Editar o valor em Wikidata
LinguaSueco
Familia
CónxuxeChristian Benedictsson (1851–valor descoñecido)
FillosHilma Margareta Segerstéen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiHelena Sofia Bruzelius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bruzelius-2

Traxectoria editar

Benedictsson naceu nunha granxa de Domme, unha vila da provincia de Skåne. Aos 21, casou cun viúvo de 49 anos de Hörby, Christian Benedictsson, co que tería dúas fillas.[2]

Logo de quedar encamada por unha enfermidade ósea, comezou a escribir, publicando a súa primeira escolma de relatos, Från Skåne, no 1884.[2][3] Benedictsson suicidouse no Hotel Leopold de Copenhague o 21 de xullo do 1888.[2][4] Foi soterrada no Cemiterio Oeste da capital dinamarquesa.[4]

Obra editar

Victoria Benedictsson é, xunto con August Strindberg, unha das principais figuras do realismo sueco. Nas súas novelas, describiu as desigualdades do matrimonio e reflexionou sobre os dereitos das mulleres. A crítica actual considéraa unha precursora do feminismo.[5]

Tamén escribiu obras de teatro, entre as que destaca I Telefon ("Ao teléfono"), que foi interpretada vinte e sete veces no Teatro Real de Estocolmo, con grande éxito.[6]

Traducións editar

Notas editar

  1. "Benedictsson, Victoria (pseud. Ernst Ahlgren)". Nordic Women's Literature (en inglés). Consultado o 2024-03-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Cartos – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2024-03-08. 
  3. "Victoria Benedictsson - Feminist Novelist, Novels & Plays - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-03-02. Consultado o 2024-03-08. 
  4. 4,0 4,1 "Victoria Lives!". web.archive.org. 2012-02-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 2024-03-08. 
  5. "skbl.se - Victoria Maria Benedictsson". skbl.se (en inglés). Consultado o 2024-03-08. 
  6. Wistoft, Birgitte (2010-07). "A Devilish Device: Attitudes to Telephony 1876–1920". The International Journal for the History of Engineering & Technology (en inglés) 80 (2): 214–230. ISSN 1758-1206. doi:10.1179/175812110X12714133353795. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar