Astrid Lindgren
Astrid Anna Emilia Ericsson, máis coñecida coma Astrid Lindgren, nada o 14 de novembro de 1907 nunha granxa de Näs en Småland[1] e finada o 28 de xaneiro de 2002, foi unha autora sueca de literatura infantil, que conta con libros traducidos a 85 linguas en máis de 100 países.
Obra
editarA súa obra comprende máis de 60 libros pioneiros na defensa dos dereitos da infancia, das mulleres, dos animais e na defensa da non-violencia e da natureza.[1] É especialmente coñecida pola saga de Pippi Mediaslongas que escribiu na convalecencia da súa filla Karin[1]. Pippi Mediaslongas deuse ao prelo por primeira vez en 1945.[1]
Recoñecemento
editarFoi galardoada co Premio Hans Christian Andersen, co Premio Nacional de Literatura de Suecia, coa Medalla de Ouro da Academia Sueca, co Premio da Paz dos libreiros alemáns e co Premio Internacional do Libro da Unesco.[1]
Leva o seu nome o Premio Memorial Astrid Lindgren, premio instaurado en 2003 e considerado o máis importante da literatura infantil e xuvenil.[1]
A súa vida está recollida na película Unga Astrid (Coñecendo a Astrid) da directora danesa Pernille Fischer Christensen.[2]
Obra traducida ao galego
editar- Pippi Mediaslongas (Pippi Långstrump), Kalandraka (2017). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
- Pippi Mediaslongas embarca (Pippi Långstrump går ombord), Kalandraka (2018). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
- Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur (Pippi Långstrump i Söderhavet), Kalandraka (2019). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
- Os irmáns Corazón de León, (Bröderna Lejonhjärta) Edición Xerais (2003). Trad. Liliana Valado e Marta Dahlgren. Ilustrado por María Lires.[3]
- Os nenos de Bullerbyn (Alla vi barn i Bullerbyn), Sushi Books (2014). Trad. Moisés Barcia (a partir dunha lingua ponte).
- O superdetective Blomkvist, (Mästerdetektiven Blomkvist), Sushi Books, (2023). Trad. Marta Dahlgren.
- Ronia, a filla do bandoleiro (Ronja Rövardotter), Sushi Books, (2023). Trad. David A. Álvarez Martínez.
- Lotta, (Barnen på Bråkmakargatan / Lotta på Bråkmakargatan), Kalandraka, (2023). Trad. David A. Álvarez Martínez
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Astrid Lindgren. Pippi mediaslongas. Kalandraka. ISBN 978-84-8464-339-5.
- ↑ Dacosta, Marta (17 de abril de 2019). "Prezada Pippi". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.