Cum laude
Cum laude é unha locución latina que significa 'con loanza', formada pola preposición cum máis o ablativo singular de laus, laudis. Emprégase para resaltar certas cualificacións académicas, normalmente o doutoramento (apto cum laude).
UsosEditar
En España dende 1998 (R.D 778/1998) pode acompañar á cualificación de sobresaliente para amosar a nota máxima na cualificación académica e, polo tanto, preferencia para premio extraordinario. Pero polo xeral, como se fai nos Estados Unidos e noutros lugares de Europa e do mundo, todas as universidades utilizan frases latinas para sinalar o nivel de distinción académica co que o alumno cursara un grao académico. Normalmente existen tres graos de honra, que sinalamos abaixo:
Cum laude: 'con loanza', magna cum laude: 'con grandes loanzas' e summa cum laude: 'con máximas loanzas'.