Fausto (Goethe)
Fausto (en alemán, Faust) é un poema dramático de Johann Wolfgang von Goethe, publicado por primeira vez en dúas partes: en 1808 a primeira parte, Faust: der Tragödie erster Teil (Fausto: Primeira parte da traxedia) e en 1832 a segunda parte Faust: der Tragödie zweiter Teil (Fausto: Segunda parte da traxedia). Fausto está considerado o mellor poema longo da literatura moderna europea.
Fausto | |
---|---|
Portada da súa primeira edición | |
Título orixinal | Faust |
Autor/a | Johann Wolfgang von Goethe |
Orixe | Alemaña |
Lingua | Alemán |
Xénero(s) | Teatro, Poesía |
Data de pub. | 1808, 1832 |
Tradución | Francisco Manuel Mariño, Sabine Geck / Lois Tobío |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Goethe terminou de escribir a Segunda parte de Fausto en 1832, o ano da súa morte. A diferenza da Primeira parte, o foco da acción xa non está centrado na alma de Fausto, que fora vendida ao diaño, senón máis ben en fenómenos sociais como a psicoloxía, a historia e a política. A segunda parte constituíu a principal ocupación de Goethe nos seus últimos anos e apareceu só postumamente en 1832.
Edicións
editarA obra foi traducida[cando?] ao galego por Lois Tobío[1], distinguida co premio Plácido Castro de tradución[2].
En 1932 Ramón Otero Pedrayo traducira un anaco do Fausto, o diálogo do protagonista co centauro Quirón. O texto foi publicado xunto coa conferencia "Lembranza de Goethe", lida en Ourense o 6 de marzo dese ano[3].
Notas
editar- ↑ Fausto, pdf da obra en galego.
- ↑ "O Plácido Castro premia dúas obras de traducción". La Voz de Galicia. 26 de xaneiro de 2002.
- ↑ Otero Pedrayo, R. (1932): Lembranza de Goethe. Santiago de Compostela: Editorial Nós.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |