Fernando Moreiras

tradutor galego

Fernando Moreiras Corral, nado en Vigo en 1976, é un tradutor galego.

Fernando Moreiras
Nacemento1976
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióntradutor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo no ano 1998 e mestrado en Tradución Multimedia pola mesma universidade, é tradutor profesional desde o inglés e o francés ao galego, principalmente. A súa especialidade son os textos técnicos, xurídicos, audiovisuais e literarios[1], ámbito en que traduciu autores como George Orwell ou Dan Brown.[2] Impartiu docencia de tradución xurídica na Universidade de Vigo.[3]

DistinciónsEditar

Foi galardoado co Premio de Tradución Plácido Castro na súa X edición pola súa versión ao galego de Ensaio sobre a crítica, de Alexander Pope.[4]

Obras traducidasEditar

NotasEditar

  1. Fernando Moreiras en Asociación de Traducción y Adaptación Audiovisual de España
  2. Fernando Moreiras, en Cultura Galega.
  3. Fernando Moreiras: “Gañar o premio Plácido Castro foi toda unha sorpresa e tamén unha honra”, no Diario da Universidade de Vigo, 2011.
  4. Fernando Moreiras emulou a Plácido Castro e levou o Premio de Tradución, en Que pasa na costa: diario dixital da Costa da Morte, 2011.