O Menhir de Ouro

aventura da serie Astérix

O Menhir de Ouro (en francés: Le Menhir d'or) é unha aventura da serie Astérix de René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (ilustracións) editado orixinalmente como audiolibro en 1967. Foi reeditado como álbum fóra da colección e publicado en varias linguas simultaneamente o 21 de outubro de 2020.

O Menhir de Ouro
Título orixinalLe Menhir d'or
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
OrixeFlag of France.svg Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Les Éditions Albert René
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Francia 1967
Galicia outubro de 2020
FormatoTapas duras
Páxinas44
ISBNISBN 978-84-9121-777-0 (gl)
TraduciónAlejandro Tobar, Xavier Senín e Isabel Soto
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Xerais en outubro de 2020.[1][2] A obra en galego conta cun CD coas voces de Xerardo Couto (Astérix), Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracentúrix), que contan a historia.

NotasEditar

  1. O Menhir de Ouro. Traducido por Alejandro Tobar, Xavier Senín e Isabel Soto (1ª ed.). Xerais. 2020. ISBN 978-84-9121-777-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Astérix e Tintín voltan falar galego". Culturagalega.gal. 16 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar