Antón Rubal
Xosé Antón Rubal Pernas, nado no Valadouro en 1964 é un actor e director de dobraxe galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) O Valadouro, España |
Actividade | |
Ocupación | actor de dobraxe, director de dobraxe |
Traxectoria
editarActor e director de dobraxe dende 1985, sendo a voz habitual de actores como Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig.[1] É recoñecido por ser a voz de Son Goku (adulto), subtituíndo a Julio Lorenzo a partir do episodio 244 de Dragon Ball Z e continuando nas producións posteriores da saga. Tamén colaborou na versión en galego de filmes como Pulp Fiction ou Apocalypse Now e de series como A Nanny (sendo a voz de Maxwell Sheffield), O príncipe de Bel-Air, Heidi ou Marco.[2]
Como director de dobraxe traballou en series como Dragon Ball GT, Dragon Ball Z Kai, Sakura, cazadora de cartas[3] ou filmes como Xogo de armas ou Escuadrón Suicida.
É profesor de dobraxe na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Filmografía
editarSeries de televisión
editar- Gondar (2009)
Curtametraxes
editarNotas
editar- ↑ xerais.gal (ed.). "Ficha de Antón Rubal en Xerais". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ www.uvigo.gal (ed.). "Aprendendo a poñer voz ás interpretacións alleas". Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Director de dobraxe e tradutor de Sakura, cazadora de cartas en galego na TVG". @Cinemarfilms. 15 de xaneiro de 2024. Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
- ↑ catalanfilms.cat (ed.). "Antón Rubal en Catalanfilms". Consultado o 12 de maio de 2021.