Escuadrón Suicida
Escuadrón Suicida (en inglés, Suicide Squad) é un filme estadounidense de superheroes[1] baseado no equipo de antiheroes de DC Comics Suicide Squad. É o terceiro filme do universo DC Extended Universe. O filme foi escrito e dirixido por David Ayer e está protagonizado por Will Smith, Jared Leto, Margot Robbie, Joel Kinnaman, Viola Davis, Jai Courtney, Jay Hernandez, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Ike Barinholtz, Scott Eastwood e Cara Delevingne. En Suicide Squad, unha axencia secreta do goberno liderada por Amanda Waller recruta a super villanos encarcerados para levar a cabo misións e salvar o mundo dunha grande ameaza, en troques de reducir as súas condenas. O desenvolvemento do filme comezou no 2009, por Warner Bros. Pictures. Ayer asinou para escribir e dirixir en setembro de 2014, e en outubro, comezou o proceso de casting. A fotografía principal comezou o 13 de abril de 2015, en Toronto, Ontario, con rodaxes adicionais en Chicago, Illinois, e rematou en agosto dese mesmo ano.
Escuadrón Suicida estreouse en Nova York o 1 de agosto de 2016 e foi estreado nos Estados Unidos o 5 de agosto de 2016, en 2D, 3D e IMAX 3D. Despois dun gran comezou que estabeleceu novos récords de recadación, o filme conseguiu máis de $743 millóns en todo o mundo; converténdose no oitavo filme con máis recadación de 2016. Recibiu críticas negativas, que consideraron a trama confusa, a dirección axitada e as personaxes mal escritas. Malia isto, a interpretación de Margot Robbie foi eloxiada.
Emitiuse en galego o 29 de xullo de 2020 na TVG.[2] O director de dobraxe foi Antón Rubal e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.
Personaxes
editar- Voz da dobraxe galega de Matías Brea.
- Jared Leto como Joker
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
- Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo.
- Joel Kinnaman como Rick Flag
- Viola Davis como Amanda Waller
- Voz da dobraxe galega de Charo Pena.
- Jai Courtney como George "Digger" Harkness / Capitán Boomerang
- Jay Hernandez como Chato Santana / El Diablo
- Adewale Akinnuoye-Agbaje como Waylon Jones / Killer Croc
- Cara Delevingne como June Moone / Enchantress
- Karen Fukuhara como Tatsu Yamashiro / Katana
- Ike Barinholtz como Griggs
- Scott Eastwood como GQ Edwards
- Adam Beach como Christopher Weiss / Slipknot
Ben Affleck e Ezra Miller recuperan os seus papeis de Batman contra Superman: O amencer da xustiza como Bruce Wayne / Batman e Barry Allen / Flash, respectivamente.
Futuro
editarA escena de crédito medio do filme leva ao filme de 2017 A Liga da Xustiza. Ademais, houbo varios spin-offs e secuelas anunciadas en fase de desenvolvemento:
Secuela
editarEn febreiro de 2019, confirmouse que Margot Robbie repetiría o seu papel de Harley Quinn.[3] En marzo de 2019, The Hollywood Reporter anunciou que Idris Elba foi elixido como Deadshot, en substitución de Will Smith, que abandonou debido a conflitos de programación.[4] En abril de 2019, David Dastmalchian e Daniela Melchior foron elixidos como Polka-Dot Man e Ratcatcher, mentres que John Cena estaba en conversacións para o papel de Peacemaker.[5][6][7]
Notas
editar- ↑ Jane Anders, Charlie (9 de agosto de 2016). Wired, ed. "Suicide Squad Is the Future of Superhero Movies—Except For One Thing". Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ "Escuadrón Suicida na TVG". TVG. 29 de xullo de 2020. Consultado o 7 de maio de 2021.
- ↑ "Why David Ayer Is Directing Gotham City Sirens Instead Of Suicide Squad 2". Cinemablend. Consultado o 2019-05-02.
- ↑ Hughes, Mark (2019-02-13). "Why The Future Of DCEU Movies Looks Brighter Than Ever (Updated)". Forbes. Arquivado dende o orixinal o 2019-02-28. Consultado o 2019-02-28.
- ↑ Goldberg, Matt (2019-04-29). "'The Suicide Squad' Casts David Dastmalchian as Outlandish Villain". Collider. Consultado o 2019-04-29.
- ↑ "Newcomer Daniela Melchior Eyed For Ratcatcher Role in 'Suicide Squad' Sequel (EXCLUSIVE)". 2019-04-30. Consultado o 2019-04-30.
- ↑ Kroll, Justin (2019-04-17). "John Cena Eyed for 'Suicide Squad' Sequel (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 2019-04-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escuadrón Suicida |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)
- Escuadrón Suicida na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)