John Cena
John Felix Anthony Cena (23 de abril de 1977), é un actor, cantante de hip hop e loitador profesional estadounidense. Está traballando actualmente coa World Wrestling Entertainment ou WWE, na RAW. Antes de loitar na WWE, estivo en Ultimate Pro Wrestling e Ohio Valley Wrestling. Entre os seus logros como loitador destacan catorce Campionatos Mundiais: once veces como Campión da WWE (converténdose no loitador que máis veces obtivo o título) e tres veces como Campión Mundial Peso Pesado, sendo así o loitador con máis títulos mundiais na WWE. Tamén son de destacar os seus tres reinados como Campión dos Estados Unidos da WWE, dous como Campión Mundial por Parellas, e dous reinados como Campión por Parellas da WWE. Tamén foi o gañador das edicións vixésima primeira e vixésima sexta de Royal Rumble e do WWE Championship Money in the Bank en 2012.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) John Felix Anthony Cena ![]() 23 de abril de 1977 ![]() West Newbury, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Land O' Lakes (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo étnico | French-Canadian Americans (en) ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Springfield College (en) ![]() Cushing Academy (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 114 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cor dos ollos | Azul ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cor do pelo | Cabelo castaño ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Actuación, música e loita ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | loitador profesional (1999–), produtor delegado, rapeiro, actor, loitador afeccionado ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1999 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | World Wrestling Entertainment ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xénero artístico | Música hip hop ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Instrumento | Piano e voz ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Selo discográfico | Columbia Records ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parella | Nikki Bella (2012–2018) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pais | John Cena Sr. ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Carreira na WWE
editar2002-2003
editarA Primeira loita televisada de Cena na WWE foi a resposta nun reto a calquera persoa de Kurt Angle no 27 de xullo do 2002. Cena loitou contra Kurt Angle, salvándose de "Angle Slam" e soportando a "Angle Lock", pero igualmente perdeu a loita, cun paquetiño de loita afeccionadA. Despois da derrota de Cena, entrou nun pequeno feudo con Chris Jericho. En outubro Cena e Billy Kidman uníronse para participar nun torneo para coroar aos primeiros Campións en Parellas da WWE, pero perderon na primeira rolda. Na seguinte semana Cena traicionou a Kidman, culpándoo pola derrota sufrida.
Actualidade
editarDespois de dunha lesión muscular que o tivo apartado dos cuadriláteros varios meses, John Cena volveu a RAW en outono do 2008 conquistando o World Heavyweigth Championship que estaba en mans de Chris Jericho. Actualmente é o campión mundial dos pesos pesados (World Heavyweight Champion).