Abrir o menú principal

Jared Leto

músico, actor, director e produtor estadounidense

Jared Joseph Leto (nado o 26 de decembro de 1971 en Bossier City, Luisiana) é un músico, actor, director e produtor estadounidense. É o vocalista e guitarrista rítmico da banda 30 Seconds to Mars, banda que formou en 1998 xunto co seu irmán maior Shannon Leto.

Jared Leto
Jared Leto by Gage Skidmore.jpg
Leto no 2016.
Nome completoJared Joseph Leto
Nacemento26 de decembro de 1971 (47 anos)
OrixeBossier City, Louisiana Flag of the United States.svg
Ocupaciónmúsico, actor
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado con30 Seconds to Mars
Tempo en activo1992 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Como actor traballou tanto en grandes producións de Hollywood como en filmes independentes e aparece en películas como Fight Club (O club da loita), Requiem for a Dream (Requiem por un soño) ou The Thin Red Line (A delgada liña vermella) entre outras.

En 2014, polo seu papel de transexual en Dallas Buyers Club, logrou o Óscar e o Globo de Ouro ao mellor actor secundario.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar