Virgin Records

selo discográfico

Virgin Records é unha discográfica británica fundada polos empresarios británicos Richard Branson, Philip Newell e Nik Powell en 1972. Foi vendida a Thorn EMI en 1992 e as súas operacións estadounidenses foron fusionadas con Capitol Records no ano 2007, creando así o Capitol Music Group.

Virgin Records
Logo
AcrónimoVirgin
Tiposelo discográfico, negocio, empresa e artigo de Wikipedia que reúne múltiples temas
Data de fundación1972
Fundador(es)Richard Branson, Nik Powell e Tom Newman
Organización matrizUniversal Music Group
SedeOs Ánxeles
PaísReino Unido
Na rede
http://www.virginmusic.com
Twitter: virginrecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Branson e Powell tiña inicialmente unha pequena tenda de discos chamada Virgin Records and Tapes en Notting Hill Gate, Londres, especializada en importacións de álbums de krautrock. Despois de que a tenda fora un éxito pensaron e crear un selo discográfico.

A súa primeira edición foi o álbum de rock progresivo Tubular Bells, do multi-instrumentista Mike Oldfield, publicado no ano 1973. Pouco despois seguíronlle destacadas edicións de krautrock, incluíndo o álbum Phaedra de Tangerine Dream, e The Faust Tapes e Faust IV de Faust.

A pesar de que Virgin foi inicialmente un dos selos clave para o rock progresivo inglés e europeo, o contrato en 1977 cos Sex Pistols fixo que se movese cara ao novo son que estaba xurdindo na época. Pouco despois, a tenda de Notting Hill record shop (sobre a que estaba situada a oficina do selo) foi asaltada pola policía por ter na súa fiestra un cartel de promoción do disco Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols dos Sex Pistols. Máis tarde asinaron con máis grupos de new wave como Boxer, Culture Club, Fingerprintz, Gillan, Holly and the Italians, Human League, Magazine, The Motors, Penetration, The Ruts Shooting Star, Simple Minds e XTC.

Despois de experimentar con varis deseños alternativos en 1975 e 1976, o actual logo de Virgin foi creado en 1978. Este foi usado por vez primeira no álbum de Mike Oldfield Incantations, no ano 1978. Pouco a pouco foise adoptando noutras empresas do grupo Virgin, como na súa aeroliña Virgin Atlantic Airlines.

Venda a Thorn EMI

editar

Virgin Records foi vendida por Branson a Thorn EMI en xuño de 1992 por 1 millón de dólares, cunha cláusula especial de non-competencia que impedía a Branson fundar unha nova discográfica nos seguintes cinco anos. Branson vendeu Virgin Records para financiar Virgin Atlantic Airways, que nese tempo tiña unha forte competencia por parte de British Airways.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar