Tubular Bells é o álbum de estrea do músico inglés Mike Oldfield, publicado o 25 de maio de 1973 a través do selo Virgin Records. Oldfield, que tiña 19 anos cando foi gravado, tocou case todos os instrumentos do disco case completamente instrumental.

Tubular Bells
Álbum de Mike Oldfield
Publicado25 de maio de 1973
Gravaciónnovembro de 1972 - abril de 1973
Estudio(s)The Manor, Oxfordshire
Duración49:18
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Virgin Records
Producido porTom Newman, Simon Heyworth, Mike Oldfield
Cronoloxía
- Tubular Bells The Orchestral Tubular Bells
(1975)

Inicialmente o álbum vendeu pouco, pero fíxose coñecido en todo o mundo en decembro de 1973 cando o seu tema de apertura foi usado na banda sonora do filme de terror O exorcista. Isto levou a un aumento nas vendas que aumentou o perfil de Oldfield e desempeñou un papel importante no crecemento do grupo Virgin. O disco estivo no top 10 de álbums británico durante un an dende marzo de 1974, chegando ao número 1 durante unha semana.[1] Chegou ao númeo 3 da lista estadounidense Billboard 200,[2] e ao número 1 no Canadá e Australia. O álbum vendeu máis de 2,7 millóns de copias tan só no Reino Unido e uns 18 millóns en todo o mundo.[3]

Unha versión orquestral producida por David Bedford foi editada en 1975 como The Orchestral Tubular Bells. Oldfield gravou tres secuelas: Tubular Bells II (1992), Tubular Bells III (1998), e The Millennium Bell (1999). Polo 30 aniversario do disco Oldfield regravou o álbum como Tubular Bells 2003. En 2009 lanzouse unha edición remasterizada. Recoñeceuse a súa contribución á música británica cando Oldfield tocoi extractos na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres. En 2010 a de Tubular Bells foi unha das portadas de dez álbums clásicos de artistas británicos conmemoradas nunha serie de selos por Royal Mail.[4][5]

Listaxe de cancións editar

Toda a música por Mike Oldfield, agás "Tubular Bells, Part Two" que inclúe "The Sailor's Hornpipe".

Cara 1

  1. "Tubular Bells, Part One" - 26:01

Cara 2

  1. "Tubular Bells, Part Two" - 23:17

Notas editar

  1. "Tubular Bells". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-12-13. 
  2. Cabison, Rosalie (2013-01-02). "Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2022-12-13. 
  3. "TUBULAR BELLS by MIKE OLDFIELD sales and awards". BestSellingAlbums.org (en inglés). Consultado o 2022-12-13. 
  4. "Royal Mail unveil classic album cover stamps". The Independent (en inglés). 2010-01-07. Consultado o 2022-12-13. 
  5. "Royal Mail puts classic albums on to stamps". The Guardian (en inglés). 2009-11-21. ISSN 0261-3077. Consultado o 2022-12-13.