Obélix

personaxe de ficción da serie de banda deseñada Astérix

Obélix é un dos personaxes de ficción da serie de banda deseñada Astérix, creado por René Goscinny e Albert Uderzo. É o mellor amigo de Astérix a quen acompaña en tódalas súas aventuras, agás na primeira, Astérix o galo.

Obélix
Información editorial
Primeira apariciónAstérix o galo (1959)
CreadoresRené Goscinny, Albert Uderzo
Biografía ficticia
OrixeArmórica, Galia

É un galo alto e gordo, fabricante e repartidor de menhires. Posúe un pequeno can chamado Ideafix ou Idéfix. Obélix está dotado dunha forza extraordinaria, xa que cando era un neno caeu na marmita na que Panorámix preparaba a poción máxica (en Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo), facendo que os efectos da mesma teñan carácter permanente, debido a isto, e para a súa desgraza, nunca lle deixan probar un pouco dela porque os efectos secundarios serían terribles, como se pode ver no libro Le mauvais coup d'Obelix (O mal trago de Obélix en galego), onde tras beber a marmita enteira Obélix se converte en pedra.

Orixe do nome editar

 
Obèles en varios tipos de letra.

A orixe do nome de Obélix pode provir de obelisco,[1][2] unha columna de pedra que celebraba o sol para os antigos exipcios. Unha segunda posibilidade, é que o nome de Obélix proveña de obèle[3] ou a cruz tipográfica en francés, un signo tipográfico usado nos manuscritos antigos ​​para anotar unha pasaxe cuestionable. De feito, o nome do seu compañeiro Astérix provén doutro símbolo semellante, o asterisco, usado para sinalar unha remisión. O emprego destes nomes de símbolos por parte de Goscinny pódese explicar polo feito de que a súa familia posuía unha imprenta.[4]

Obras onde aparece Obélix editar

Banda deseñada editar

Tódolos álbums da serie Astérix.[1]

Adaptacións editar

Televisión editar

Jacques Morel dá a súa voz a Obélix por vez primeira neste telefilme que mestura as personaxes animadas de Astérix e Obélix con decorados da vida real.

Cinema editar

Filmes de animación editar

Varios actores de dobraxe prestaron a súa voz a Obélix:

Filmes de acción en vivo editar

No cinema, o personaxe de Obélix estivo encarnado polo actor francés Gérard Depardieu nas catro adaptacións cinematográficas das historias de Astérix.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Andrieu 1999, p. 19
  2. Delesse, Catherine; Richet, Bertrand (2009). Le coq gaulois à l’heure anglaise. Artois presses université. p. 447. ISBN 9782848320779. 
  3. Baratay, Eric; Delisle, Philippe (2012). Milou, Idéfix et Cie. Karthala. p. 152. ISBN 9782811107697. 
  4. Andrieu 1999, p. 21

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.