Mar Fernández Vázquez

María del Mar Fernández Vázquez, nada o 2 de febreiro de 1973[onde?], é unha investigadora e profesora universitaria galega.

Mar Fernández Vázquez
Nome completoMar Fernández Vázquez
Nacemento2 de febreiro de 1973
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga e escritora
Na rede
Bitraga: 4143 AELG: 430 Dialnet: 775792
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira en distintos proxectos de investigación e participou en distintos traballos e publicacións dirixidos por Blanca-Ana Roig, en especial ao redor da literatura infanto-xuvenil galega. Moitos deses traballos engrosaron publicacións colectivas.

Colaborou na Gran Enciclopedia Galega con varios artigos e nos Informes de literatura (con Esther de León Viloria) entre o 2007 e o 2009. A partir de 2018 dá clase de didáctica das linguas e de literatura infantil e xuvenil na Universidade de Vigo.[1]

Obras editar

  • El gusano de seda y la araña, adaptación da obra de Tomás de Iriarte, ilust. Jon González Arroyo (Hércules de Ediciones, 2013). Publicado tamén en galego como O verme de seda e a araña.

Notas editar

  1. "Mª del Mar Fernández Vázquez". Universidade de Vigo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-05. 
  2. "Ficha do libro". Edicións Xerais de Galicia. Consultado o 2023-02-05.