Asociación Galega de Editoras

asociación profesional galega
(Redirección desde «Asociación Galega de Editores»)

A Asociación Galega de Editoras (coñecida até maio de 2016 como Asociación Galega de Editores) é unha asociación de ámbito galego fundada en 1983 ante a falta dun organismo que defendese os intereses dos editores na época. É constituída co obxectivo de ser a representación gremial das editoriais galegas. En 2016 constaba de 35[1] empresas editoriais (algo menos da metade do total de editoriais radicadas en Galicia[2]), ás cales proporcionaban axuda tanto na edición como na promoción do libro galego.

Asociación Galega de Editoras
Logo
TipoAsociación de empresas
Data de fundación1983
Presidente/aHenrique Alvarellos (-) Editar o valor en Wikidata
PremiosPremio Xela Arias
PaísEspaña
Na rede
https://www.editorasgalegas.gal/
Facebook: asociaciongalegaeditoras Twitter: EditorasGalegas Instagram: editorasgalegas Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os seus últimos presidentes foron Manuel Bragado, Laura Rodríguez e, dende maio de 2016, Xosé Ballesteros, en cuxo equipo de dirección se integran a propia expresidenta L. Rodríguez ou editores como Henrique Alvarellos, David Cortizo Conde, María Xesús Gómez, Ana Guerra, Fran Alonso e Xulio Amigo.

Obxectivos

editar
  • Recoñecemento e concreción de sector estratéxico por parte das administracións.
  • A profesionalización gremial: estratexias de cooperación intersectorial, novas vías de financiamento, formación, estratexias de comunicación etc.
  • Incremento da dotación pública de libro galego na Rede Bibliotecaria Pública Galega.
  • Concreción da débeda histórica que, segundo a asociación, teñen as administracións co libro galego.
  • Obxectivos de actuación pública:

Servizos

editar

A AGE préstalles aos seus asociados servizos de información e documentación, formación, apoio nas feiras e nas actividades de promoción do libro galego.[3]

  1. Información e documentación
    • Ampla e puntual información sobre calquera tema de interese para o sector editorial (subvencións, convenios, feiras, bolsas de axuda, misións comerciais, premios etc.)
    • Seguimento puntual do BOE, DOG, BOP, e outros boletíns de interese para os editores.
  2. Formación
    • Información e/ou organización de cursos de formación para o persoal das empresas do gremio.
    • Realización de xornadas técnicas Comercio Exterior
  3. Comercio Exterior
    • Participación como colectivo nas feiras profesionais do libro que formen parte do calendario de actividades anuais. En colaboración coa Dirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia, coas cámaras de comercio de Galicia e coa Federación de Gremios de Editores de España.
    • Apoio aos editores nestes eventos.
  4. Promoción do libro galego
    • Día das Letras Galegas.
    • Apoio a iniciativas asociativas relacionadas co libro.
    • Información aos medios das novas de interese relacionadas coa AGE e ás empresas asociadas.
    • Premio anual á colaboración co mundo editorial e a cultura galega en xeral.

Empresas asociadas

editar