Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

(Redirección desde «BIVIR»)

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, coñecida tamén como BIVIR, é unha biblioteca virtual xestionada pola Asociación de Tradutores Galegos que recolle as traducións directas ao galego de obras procedentes de diversas literaturas e autores estranxeiros, baixo a premisa de que os seus dereitos sexan de dominio público. Conta con centos de textos literarios traducidos dende múltiples linguas, como o francés, catalán, éuscaro, búlgaro, portugués, chinés, italiano, ruso, alemán ou xaponés. En canto aos autores e aos xéneros, abrangue un amplo espectro: dende por exemplo algúns poemas de Arthur Rimbaud até novelas de Grazia Deledda ou Nathaniel Hawthorne.

Permite a descarga de balde en formato PDF tanto directamente da páxina web oficial como doutros provedores, tal que Amazon[1].

Durante anos, un dos requisitos para a atribución do Premio de Tradución Plácido Castro foi que a obra presentada figurase no catálogo de BIVIR[2].

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar