Astérix e os pictos

álbum de banda deseñada de Astérix

Astérix e os pictos[1] (en francés: Astérix chez les Pictes) é o trixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o primeiro libro da serie que non foi creado nin por René Goscinny nin por Albert Uderzo.[2][3] Foi escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. A historia leva a Astérix e a Obélix alén do Canal da Mancha até Escocia, onde coñecen os pictos. Esta é a segunda viaxe do dúo ás illas Británicas, despois de visitar os britanos en Astérix en Britania (1965).

Astérix e os pictos
Título orixinalAstérix chez les Pictes
Autor/aJean-Yves Ferri
Ilustrador/aDidier Conrad
CubertaDidier Conrad
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Les Éditions Albert René
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Francia 2013
Galicia 2013
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 978-2-86497-266-2 (fr)
ISBN 978-84-9914-534-1 (gl)
Precedido porO aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro
Seguido porO papiro do César
TraduciónXavier Senín e Isabel Soto
editar datos en Wikidata ]

Foi publicado simultaneamente en todo o mundo en vinte e tres linguas o 24 de outubro de 2013, entre elas o escocés e, por primeira vez, o scots.[4] Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en 2013.[1][5]

Sinopse editar

A historia ten lugar no mes de febreiro, coa aldea gala nevada: Astérix e Obélix atopan un iceberg cun home encadeado dentro do xeo (en homenaxe ó filme Hibernatus, con Louis de Funès). Despois de desconxelalo, o forasteiro —de nome Mac Oloch e semellante a outro personaxe de Uderzo e Goscinny, Oumpah-Pah[6] cóntalles ós galos do seu clan Loch and Loll e de como o ruín Mac Abeh secuestrou a súa muller, Camomilla.[7] Por mor diso, os galos acompáñano a Caledonia para axudar ós clans pictos contra o exército romano de Xulio César.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Astérix e os pictos. Traducido por Xavier Senín e Isabel Soto (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 2013. ISBN 978-84-9914-534-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Asterix and the Picts - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  3. Jean-Yves Ferri - Asterix and the Picts - Hachette Children's Group (en inglés). 
  4. Digital Spy 'Asterix and the Picts' released, takes place in Scotland (en inglés)
  5. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  6. Le Monde Astérix : du Oumpah-Pah dans l'air... (en francés)
  7. Le Figaro Astérix chez les Pictes : la potion écossaise (en francés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar