Conduce rápido
Conduce Rápido é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2014 por Edicións Xerais de Galicia. Conta a historia de dous irmáns de Santiago de Compostela despois de que un deles atope un saco de lona con cocaína nunha praia. No ano 2015 acadou o Premios Losada Diéguez de creación literaria[1]. O título do libro é unha chiscadela ao disco Conducir despacio, do grupo ourensán Cosecha Roja.
Conduce rápido | |
---|---|
Autor/a | Diego Ameixeiras |
Cuberta | Paula Gómez del Valle |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | Novembro de 2014 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 148 |
ISBN | ISBN 9788499147819 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama editar
Os feitos ocorren arredor da cidade de Santiago de Compostela, onde vive Erika, unha rapaza nova, co seu irmán Samuel. Ambos os dous móvense nun ambiente marxinal no que vai aumentando a violencia segundo transcorre a historia. Unha das causas desta situación é abandono da súa nai para fuxir co home do cal está namorada. A falta de diñeiro para sobrevivir fai que os irmáns cheguen a roubar e mesmo a prostituírse. Un saco de lona envolto cunhas cordas aparece nunha praia galega con 10 quilos de cocaína. Bruno, un traficante de pouca monta, pídelle axuda a Samuel para distribuíla. Os irmáns ven unha oportunidade para saíren do ambiente marxinal. O azar do destino fará que Ventura, un narcotraficante con problemas co xogo, entre na vida dos irmáns para axudalos.
Crítica editar
Ameixeiras manexa os tópicos do mesmo (xénero negro) como a el lle parece, con claras referencias á novela negra norteamericana de comezos do século XX e á literatura pulp.
O autor non só persegue facer ficción con aquilo que aflora nas páxinas de sucesos senón que afonda no perfil das persoas que a propia sociedade desterra a diferentes submundos. (...) Daquel Balbino de Neira Vilas que se definía como un “ninguén” a outro personaxe de Ameixeiras que adopta nesta novela idéntica categorización dista un mundo mais ambos os dous son tripulación dun barco que segue unha singradura, malia todo, que avanza.
Traducións editar
Notas editar
- ↑ "Diego Ameixeiras recibió el premio Losada Diéguez de creación literaria". La Voz de Galcia.
- ↑ "O pracer de gozar da lectura". Faro De Vigo.
- ↑ Ramón Nicolás. "Os territorios escuros da sociedade: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Nicolás". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020.
- ↑ Ficha Arquivado 14 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa