Ediciones Destino
Ediciones Destino é unha editorial española con sede en Barcelona, pertencente ao Grupo Planeta dende 1996, que publica obras en castelán e catalán atendendo, fundamentalmente, aos clásicos do século XX e XXI. Foi fundada en 1942 por Josep Vergés i Matas, propietario e editor da revista Destino, Joan Teixidor e Ignasi Agustí.[1]
Ediciones Destino | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1942 |
Fundador(es) | Josep Vergés i Matas, Joan Teixidor i Comes e Ignacio Agustí |
Organización matriz | Grup 62 |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarNesta editorial publicaron os autores españois máis emblemáticos da posguerra como Carmen Laforet, Miguel Delibes, Camilo José Cela, Carmen Martín Gaite ou Rafael Sánchez Ferlosio. Xa no tardofranquismo publicaron escritores como Álvaro Cunqueiro (Las mocedades de Ulises, 1960) ou Gonzalo Torrente Ballester (La saga/fuga de J. B., 1972). Amais editáronse traducións de autores en lingua estranxeira como George Orwell, Bohumil Hrabal ou Naguib Mahfuz. Xa nos últimos tempos publicou autores como Andrés Trapiello, Antonio Soler, Pedro Zarraluki ou Eduardo Lago.
Desde 1944 a editorial concede o Premio Nadal, o premio literario máis antigo de España,[2] e desde 1968 concede tamén o Premio Josep Pla.
En 1989, o Grupo Planeta adquiriu o 50 % das accións da editorial[3] e en 1996, o 50% restante.[4]
Notas
editar- ↑ "Destino". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ Redacción (6 de xaneiro de 2005). "El Premio Nadal, el galardón más antiguo de España, se falla hoy en Barcelona". abc.es. Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
- ↑ Redacción (8 de setembro de 1989). "La editorial Planeta continúa su expansión con la compra de la mitad de las acciones de Destino". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
- ↑ Redacción (24 de decembro de 1996). "Planeta quiere comprar todo Destino". abc.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Destino, Ediciones". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 689. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Destino, Ediciones". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 243. ISBN 84-7680-288-9.