Abrir o menú principal

Astérix gladiador

álbum de banda deseñada de Astérix

Astérix gladiador[1] (en francés: Astérix gladiateur) é o cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix publicado en 1964, e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 126–168, en 1962.[2]

Astérix gladiador
Título orixinalAstérix gladiateur
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
OrixeFlag of France.svg Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Francia 1964
Galicia 1996
FormatoTapas duras
Páxinas50
ISBNISBN 84-8288-081-0
Precedido porAstérix e os godos
Seguido porA volta á Galia de Astérix
TraduciónAntonio Pichel (1996)
Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (2015)

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1] En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.[3]

SinopseEditar

O prefecto da Galia, Calígula Vaisencascus vai de permiso a Roma, como é costume levarlle un regalo ó César decide entregarlle un dos invencibles galos da rexión. O galo elixido é o bardo Asurancéturix. Cando Astérix e Obélix se decatan, deciden ir a Roma para salvar o seu amigo. Ó chegaren a Roma, infórmanse grazas á axuda do seu paisano Moitoxamónix, que o bardo está preso no circo e que será votado ós leóns nos próximos xogos. Ante a imposibilidade de atopar a Asurancéturix deciden facerse gladiadores para así poder entrar libremente no circo.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Astérix gladiador. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-081-0 – vía BiTraGa. 
  2. "Asterix the Gladiator - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 

Véxase taménEditar