Fantasmas de luz

obra literaria de Agustín Fernández Paz

Fantasmas de luz é unha novela de Agustín Fernández Paz, publicada en 2011 por Edicións Xerais de Galicia.

Fantasmas de luz
Autor/aAgustín Fernández Paz
Ilustrador/aMiguelanxo Prado
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Tema(s)Exclusión social; cine
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.novembro de 2011
FormatoPapel
Páxinas192
ISBNISBN 978-84-9914-168-8
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A novela conta a historia de Damián e Marga, un matrimonio que ve as súas vidas golpeadas polo desemprego. A Damián, que lavaba máis de 30 anos no oficio, bótano do traballo xa que o edificio no que desempeñaba o seu labor como operador de cabina vai ser derrubado. Por mor da súa idade cústalle volver ó mercado laboral. A partir dese momento as súas vidas experimentan un cambio incrible. De maneira progresiva, os seus corpos vanse tornando invisibles para o resto da xente.

Narración editar

A obra conta con 14 capítulos e un apartado de Tomas extra constituído por 6. Ademais, posúe un anexo que recolle todas as referencias que saen ao longo da novela sobre o cine. Está escrito en terceira persoa e ten un narrador omnisciente. A súa estrutura interna é:

  • Introdución, que vai dende o capítulo 1 ata o 4, onde se presentan ós personaxes e a súa situación.
  • Nó, que abarca os capítulos 5 ata 10, relatando o problema que golpea as vidas dos protagonistas.
  • Desenlace, dende o capítulo 11 ata o 14, amosando como logran vencer as adversidades.

Personaxes editar

Damián: nado en 1954, é un home de 53 anos, casado e cun fillo que vive no estranxeiro. É empregado nunha sala de cines dende hai máis de 30 anos. Resulta algo escéptico ás veces.

Marga: casada con Damián, é unha muller optimista e positiva. Intenta verlle o lado bo ás cousas que suceden. Finalmente decide abrir unha floraría con Aida.

Ismael: fillo de Marga e Damián.

Don Carlos: xefe de Damián.

Aida: amiga e compañeira de traballo de Marga.

Espazo e tempo editar

Os acontecementos relatados na historia desenvólvese entre o 2008 e o 2009. Os lugares recorrentes na historia son a casa dos protagonistas, o cine onde traballaba Damián e as rúas da cidade.

As películas da novela editar

Traducións editar

Notas editar

  1. "Fantasmas de luz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18. 
  2. "Fantasmes de llum". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Paz, A. (2011). Fantasmas de luz, ilus. Miguelanxo Prado. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas editar