Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain

(Redirección desde «Amélie»)

Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain é un filme francés do xénero comedia romántica estreada en 2001. O lema da película era "Ela vai cambiarche a vida..." (En francés: "Elle va te changer la vie...").

Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLe Fabuleux Destin d'Amélie Poulain
DirectorJean-Pierre Jeunet
ProdutorJean-Marc Deschamps
Claudie Ossard
GuiónGuillaume Laurant
IntérpretesAudrey Tautou
Mathieu Kassovitz
Yolande Moreau
MúsicaYann Tiersen
FotografíaBruno Delbonnel
MontaxeCéline Kelepikis
EstudioUGC Fox Distribution
France 3 Cinéma
Canal+
UGC
Distribuidora20th Century Fox (Francia)
Miramax Films (USA)
EstreaFrancia 25 de abril de 2001
Duración123 minutos[1]
Orixe Francia
XéneroComedia romántica
Orzamento$10 400 000[2]
Recadación$173 921 954[3]
Na rede
https://www.miramax.com/movie/amelie
IMDB: tt0211915 Filmaffinity: 151039 Allocine: 27063 Rottentomatoes: m/amelie Mojo: amelie Allmovie: v244109 TCM: 455008 Metacritic: movie/amelie TV.com: movies/amelie Netlix: 60022048Editar o valor em Wikidata

Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, foi distribuída en Estados Unidos por Miramax e en España por Manga Films.

Audrey Tautou é a protagonista da cinta no papel de Amélie. Esta intérprete francesa acadou grande fama e notoriedade a raíz deste papel, que lle valeu multitude de premios e recoñecementos.

Sinopse editar

A película comeza cunha voz en off que vai narrando a nenez de Amélie Poulain, unha rapaza que creceu illada do resto de nenos por decisión do seu pai, debido á súa equivocada crenza de que ela sufría problemas do ritmo cardíaco (equivocado pois cada vez que el lle facía un recoñecemento médico en casa, o corazón de Amélie disparábase simplemente polo contacto físico co seu pai). Este feito, xunto co ambiente tenso que imperaba na súa casa debido tamén a natureza inestable e nerviosa da súa nai, e sobre todo pola tráxica morte desta ó caerlle enriba unha turista suicida que se lanzou ó baleiro desde o alto da igrexa de Notre-Dame de París, o que agudizou as tendencias antisociais do seu pai, fan que a nena desenvolva unha infrecuente e activa imaxinación. Como se cita textualmente na película, "en tal casa da morte, Amélie crece e prefire soñar ata que chegue o día de partir".

 
Café des 2 Moulins, no barrio de Montmartre (París)

Amélie cumpre 22 anos e deixa a súa casa para instalarse nun departamento en Montmartre que se custea traballando como camareira do "Cafe des 2 Moulins". Alí danse a coñecer unha serie de personaxes en grao sumo excéntricos cos que Amélie interactuará durante toda a película:

  • Suzanne, a dona, antiga artista do espido, que coxea un pouco pero nunca derrama nada, á que lle gusta ver ós atletas que choran por desilusión e non lle gusta que un home sexa humillado en presenza do seu fillo.
  • Georgette, a vendedora de tabaco hipocondríaca que odia a frase "o froito do seu ventre".
  • Gina, camareira como Amélie. A súa avoa era curadora, e gústalle facer tronar os ósos dos dedos.
  • Hipólito. Escritor fracasado a quen lle gusta ver toureiros corneados en televisión.
  • Joseph. Amante rexeitado de Gina, quen se pasa espiándoa todo o día e a quen só lle gusta estoupar o papel de burbullas.
  • Philoméne, azafata de voo, a quen lle gusta o ruído producido polo tazón do gato no azulexo.

Amélie non ten mozo, intentouno unha ou dúas veces, pero os resultados desanimárona. No seu lugar Amélie cultivou un gusto polos pequenos praceres, como meter a man nun saco cheo de ervellas, romper a capita de azucre cristalizado dunha crème brulée cunha culler, verlle a cara na escuridade no cine á xente, lanzar pedras na canle de San Martin, ou tratar de adiviñar cantas parellas están tendo un orgasmo en París nese mesmo momento (¡15! Como ela di mirando á cámara).

Pero o 30 de agosto de 1997 ocorre o evento que cambiará a vida de Amélie. Tras unha serie de circunstancias polo shock ocasionado ó decatarse por televisión do accidente de Lady Di, ela descobre tras unha laxa do seu baño o pequeno tesouro gardado por un neno fai corenta anos. Fascinada polo achado, o 31 de agosto ás 4:00 da madrugada, ten unha idea espectacular: onde sexa que estea, Amélie atoparía ó dono e lle devolvería o seu tesouro. Se o conmovía, converteríase nunha vengadora do ben. Se non, pois non...

Coa axuda do seu veciño Raymond (un ancián coñecido coma "o home de vidro" pola súa debilidade nos ósos, que leva 20 anos sen saír da súa casa e que só ve o mundo a través da reprodución dun cadro de Renoir) e tras unha longa procura por toda a cidade, Amélie consegue finalmente localizar ó dono do tesouro e devolverllo de forma casual tras unha estratexia moi orixinal. O dono non só se emociona profundamente ó descubrir que toda a súa infancia estaba nesa caixiña, senón que ademais se plantea mellorar a súa vida actual.

Nese momento Amélie ten unha sensación de completa harmonía e decide envorcarse cara ós demais para crearlles felicidade nas súas vidas.

Desta forma, inventa toda clase de estratexias orixinais e conmovedoras para intervir, sen que se dean conta, na existencia de varias persoas da súa contorna. Algúns exemplos son:

  • Cando agarra do brazo a un cego vagabundo e lle dá un rápido pero intenso paseo por un mercado mentres lle rumorea ó oído todo o que ela vai vendo, producindo no cego un estado de emoción inmesurable.
  • Cando lle fai esquecer a Georgette o seu carácter hipocondríaco e a Joseph a súa obsesión por Gina ó provocar Amélie unha situación de romance entre ambos.
  • Cando se vinga do cruel fruteiro do seu barrio, que humilla constantemente ó seu mozo axudante deixándoo en ridículo diante de todo o mundo.
  • Cando consegue sacar ó seu veciño Raymond da obsesión polo cadro de Renoir mediante o envío anónimo de vídeos onde se mostran fermosas escenas curiosas, que producen no ancián unha inmediata necesidade de expandir a súa mente máis aló do que fixera antes.
  • Cando Hipólito volve cobrar ilusión pola súa literatura ó descubrir unha das súas estrofas pintada nunha parede da rúa. ("Sans toi, les émotions d'aujourd'hui ne seraient que la peau morte des emotions d'autrefois").
  • Cando, valéndose dun gnomo de madeira a quen o seu pai tiña especial agarimo, logra que este por fin decida facer as maletas e emprender unha viaxe polo mundo.

Pero mentres todo isto sucede e ninguén se preocupa por Amélie, ela vese forzada de forma involuntaria a examinar e valorar a súa vida solitaria. Este sentimento agudízase especialmente tras coñecer a Nino, un mozo tan raro e soñador coma ela, que traballa medio día no tren do horror e o outro medio nun sex shop, que colecciona as fotos que a xente vai refugando nos fotomatóns. Amélie sente fascinación por Nino, pero prefire un encontro casual a unha presentación directa. Inténtao varias veces sen éxito e acaba deixándoo por imposible. Pero finalmente Raymond correspóndelle coa mesma moeda a Amélie, incitándoa a buscar o que deixara nun segundo plano: a súa propia felicidade. Así, Amélie, acaba felizmente nos brazos de Nino ó que bica da forma máis sutil e compracente que un se poida imaxinar.

Elenco editar

O vestiario estaba deseñado por Emma Lebail. Foi cualificada para tódolos públicos en Francia, aínda que non recomendada para menores de 17 anos non acompañados nos Estados Unidos por «contido sexual»

Premios editar

O filme foi un éxito de portelo, recibindo galardóns nacionais e internacionais e acadando sona mundial. Foi nomeada para cinco Premios Oscar:

No ano 2002, en Francia, gañou o Premio César por:

Ademais, estivo nomeada nas seguintes categorías:

Obtivo tamén o Premio Goya á mellor película europea en 2002.

Banda sonora editar

  • Amelie. A movie by Jean-Pierre Jeunet. Music by Yann Tiersen. (banda sonora da película). CD editado por Victoire Productions-Labels/Virgin France, 2001

Notas editar

  1. "AMELIE FROM MONTMARTRE (LE FABULEUX DESTIN D'AMELIE POULAIN) (15)". British Board of Film Classification. 17 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 13 de abril de 2013. 
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. "Amélie (2001)". Box Office Mojo. IMDb. Consultado o 25 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar