Abrir o menú principal

Thelma e Louise

Filme de 1991 dirixido por Ridley Scott

Thelma e Louise (en inglés: Thelma & Louise) é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado en 1991.

Thelma e Louise
Ficha técnica
Título orixinalThelma & Louise
DirectorRidley Scott
ProdutorMimi Polk Gitlin
Ridley Scott
GuiónCallie Khouri
IntérpretesSusan Sarandon
Geena Davis
Harvey Keitel
Brad Pitt
Michael Madsen
Christopher McDonald
MúsicaHans Zimmer
FotografíaAdrian Biddle
MontaxeThom Noble
EstudioPathé Entertainment
Metro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Sony Pictures Entertainment
EstreaFlag of the United States.svg 24 de maio de 1991
Galicia 30 de novembro de 1994
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Road Movie
Orzamento$16 500 000[1]
Recadación$45 360 915 (Norte América)[2]

Foi emitido na TVG o 30 de novembro de 1994.[3]

ArgumentoEditar

Thelma Dickinson, unha ama de casa de vida baleira e anódina, está casada cun cretino detestable que a trata como a unha criada. Pola súa parte, Louise Sawyer traballa como camareira nunha cafetería e soña con que o seu mozo Jimmy, que é músico, case con ela. Un fin de semana deciden facer unha viaxe xuntas no coche de Louise para afastarse da mortal rutina das súas vidas e de todas as súas frustracións. Porén, a súa escapada, que prometía ser divertida e, sobre todo, liberadora, acaba sendo unha experiencia chea de episodios dramáticos.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 1991: Oscar: Mellor guión orixinal. 6 nomeamentos.
  • 1991: Globo de Ouro: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
  • 1991: BAFTA: 8 nomeamentos, incluíndo filme, director, fotografía e bso.
  • 1991: Seminci: Espiga de Ouro: Mellor filme.
  • 1991: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro
  • 1991: David de Donatello: Mellor filme estranxeiro
  • 1991: 2 premios National Board of Review: Mellores actrices (Susan Sarandon e Geena Davis)

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Thelma and Louise (1991)". Box Office Mojo. 6 de agosto de 1991. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  3. La Voz de Galicia, 30 de novembro de 1994. Páx. 71

Véxase taménEditar