Terminator
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que se estreou no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Terminator | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Terminator |
Director | James Cameron |
Produtor | Gale Anne Hurd |
Guión | James Cameron Gale Anne Hurd William Wisher, Jr. |
Intérpretes | Arnold Schwarzenegger Michael Biehn Linda Hamilton |
Música | Brad Fiedel |
Fotografía | Adam Greenberg |
Montaxe | Mark Goldblatt |
Estudio | Hemdale Film Corporation Pacific Western Productions |
Distribuidora | Orion Pictures |
Estrea | 26 de outubro de 1984 20 de xaneiro de 1992 (TVG) |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, Ficción científica |
Orzamento | $6 400 000[1] |
Recadación | $78 000 000 |
Filme seguinte | Terminator 2: O xuízo final |
Na rede | |
https://www.20thcenturystudios.com/movies/theterminator | |
|
En 2008 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos seleccionou a película para a súa preservación no National Film Registry atopándoa "cultural, histórica ou esteticamente significativa".[2]
Sinopse
editarOs Ánxeles, ano 2029. As máquinas dominan o mundo. Os rebeldes que loitan contra elas teñen como líder a John Connor, un home que naceu nos anos oitenta. Para acabar coa rebelión, as máquinas deciden enviar ó pasado a un robot -Terminator- cuxa misión será eliminar a Sarah Connor, a nai de John, e impedir así o seu nacemento.
Personaxes
editar- Arnold Schwarzenegger como Terminator, un cyborg enviado cara ao pasado para asasinar a Sarah Connor. Schwarzenegger só fala 18 liñas no filme.[3]
- Michael Biehn como Kyle Reese, un humano da resistencia enviado ó pasado para protexer a Sarah.
- Linda Hamilton como Sarah Connor, o obxectivo do Terminator.
- Earl Boen como o doutor Silberman, un psicólogo criminalista.
- Paul Winfield como o tenente Ed Traxler, un policía que interroga a Sarah.
- Lance Henriksen como Hal Vukovich, un detective de policía.
Premios
editarPremios Saturn
editarAno | Categorías | Nomeados | Resultado |
---|---|---|---|
1984 | Mellor filme de ciencia ficción[4] [5] | The Terminator | Gañadora |
1984 | Mellor guión[4] | James Cameron e
Gale Anne Hurd, The Terminator |
Gañadores |
1984 | Mellor maquillaxe[4] | Stan Winston
The Terminator |
Gañadores |
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Complete National Film Registry Listing". www.loc.gov.
- ↑ Chase, Donald; Meyers, Kate (12 de xullo de 1991). "65 Words...And Arnold Was a Star". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Saturn Awards". web.archive.org. 11 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2014. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Past Saturn Award Recipients". www.saturnawards.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2020. Consultado o 27 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Terminator 2: O xuízo final
- Terminator 3: A rebelión das máquinas
- Terminator Salvation
- Terminator Genisys
- Terminator: Dark Fate
Ligazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)