O sexto sentido

filme de 1999 dirixido por M. Night Shyamalan

O sexto sentido (en inglés: The Sixth Sense) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.

O sexto sentido
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Sixth Sense
DirectorM. Night Shyamalan
ProdutorKathleen Kennedy
Frank Marshall
Barry Mendel
GuiónM. Night Shyamalan
IntérpretesBruce Willis
Haley Joel Osment
Toni Collette
Olivia Williams
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaTak Fujimoto
MontaxeAndrew Mondshein
EstudioHollywood Pictures
Spyglass Entertainment
The Kennedy/Marshall Company
DistribuidoraHollywood Pictures
Estrea2 de agosto de 1999 (Premier)
6 de agosto de 1999
Duración107 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$40 000 000[1]
Recadación$672 800 000
Na rede
IMDB: tt0167404 Filmaffinity: 607127 Allocine: 22092 Rottentomatoes: m/sixth_sense Mojo: sixthsense Allmovie: v180403 TCM: 436245 Metacritic: movie/the-sixth-sense TV.com: movies/the-sixth-sense Netlix: 26797528Editar o valor em Wikidata

Dende o momento da súa estrea, foi aclamado pola crítica, que fixo especial fincapé nas actuacións (especialmente de Osment e Willis), a súa atmosfera, e o seu sorprendente final. O filme foi o segundo en recadación de 1999 (detrás de Star Wars Episode I: The Phantom Menace), conseguindo 293 millóns nos Estados Unidos e 379 millóns internacionalmente. Foi nomeado a 6 Premios Óscar, incluíndo a categoría de mellor filme.

Sinopse editar

É unha película que conta a ficticia historia dun illado e preocupado neno (Haley Joel Osment), quen di que ve xente morta, e un psicólogo infantil (Bruce Willis) que trata de axudalo.

 
Bruce Willis (cantando) é o protagonista

Personaxes editar

Galardóns editar

A película foi nomeada a varios Premios da Academia, incluíndo mellor actor secundario (Haley Joel Osment), Óscar á mellor actriz secundaria (Toni Collette) e Óscar ó mellor director (M. Night Shyamalan).

  • 1999: 6 nomeamentos ó Óscar, incluíndo filme, director, montaxe, guión.
  • 1999: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario, guión.
  • 1999: 4 nomeamentos BAFTA, incluíndo mellor montaxe, filme, guión.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar