Abrir o menú principal

Manoj Nelliyattu Shyamalan nado en Pondicherry o 6 de agosto de 1970, máis coñecido como M. Night Shyamalan, é un director de cine e guionista indio nacionalizado estadounidense, nomeado ós premios Oscar.

M. Night Shyamalan
M. Night Shyamalan by Gage Skidmore.jpg
Shyamalan no 2016.
Nome completoManoj Nelliyattu Shyamalan
Nacemento6 de agosto de 1970 (49 anos)
LugarPondicherry, India India
NacionalidadeEstados Unidos de América e India
RelixiónHinduísmo e Igrexa católica
Educado enNew York University Tisch School of the Arts
Cónxuxe(s)Bhavna Vaswani (1993-)
Profesióndirector de cine
Signature shyamalan.jpg
editar datos en Wikidata ]

FilmografíaEditar

 
M. Night Shyamalan e Bryce Dallas Howard no Festival de Cine de Donostia, 2006.
Ano Filme Director Produtor Guionista Actor Papel
1992 Praying with Anger Si Non Si Si Dev Raman
1998 Wide Awake Si Non Si Non
1999 O sexto sentido Si Non Si Si Doutor Hill
Stuart Little Non Non Si Non
2000 Unbreakable Si Si Si Si Vendedor de droga do estadio
2001 The Last Castle Non Si Non Non Joey
2002 Signs Si Si Si Si Ray Reddy
2004 The Village Si Si Si Si Jay
2006 Lady in the Water Si Si Si Si Vick Ran/The Vessel
2008 The Happening Si Si Si Si Joey (voz)
2010 The Last Airbender Si Si Si Si
Devil Non Si Si Non
2013 After Earth Si Non Si Non
2015 Wayward Pines Si Si Non Non
The Visit Si Si Si Non
2016 Split Si Si Si Si

PremiosEditar

CameosEditar

Shyamalan gosta de saír nos seus filmes interpretando algún personaxe secundario:

  • N'O sexto sentido é o médico que atende ó cativo, que sospeita de posibles malos tratos por parte da súa nai.
  • En Unbreakable aparece como un simple asistente no estadio onde traballa o personaxe de Bruce Willis, quen o cachea crendo que o protagonista trafica con drogas.
  • En Signs escolle un personaxe máis importante no aspecto dramático, xa que é quen por accidente mata á muller do personaxe de Mel Gibson.
  • En The Village é tamén un personaxe en certo xeito importante: é o garda do lugar onde están as menciñas que necesita Ivy Walker.
  • N'A moza da auga sae caracterizado como un escritor novel que se atopa escribindo un libro que será moi influente para o futuro.
  • En The Happening é Joey, o compañeiro de traballo que constantemente chama a Alma Moore.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar