Signs

filme de 2002 dirixido por M. Night Shyamalan

Signs é un filme de ciencia ficción e terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2002. Foi producido polo propio Shyamalan, Frank Marshall, Kathleen Kennedy e Sam Mercer. Foi distribuído comercialmente por Touchstone Pictures nos cines, e por Touchstone Home Entertainment no formato de vídeo. A historia céntrase nun antigo sacerdote episcopaliano chamado Graham Hess, interpretado por Mel Gibson, que descobre unha serie de círculos nos cultivos da súa granxa. Hess descobre pouco a pouco que o fenómeno é produto de vida extraterrestre. Tamén está protagonizado por Joaquin Phoenix, Rory Culkin e Abigail Breslin. Signs explora temas como a fe, a bondade e o extraterrestre.[4]

Sinais
Ficha técnica
Título orixinalSigns
DirectorM. Night Shyamalan
ProdutorM. Night Shyamalan
Frank Marshall
Kathleen Kennedy
Sam Mercer
GuiónM. Night Shyamalan
IntérpretesMel Gibson
Joaquin Phoenix
Rory Culkin
Abigail Breslin
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaTak Fujimoto
MontaxeBarbara Tulliver
EstudioTouchstone Pictures
Blinding Edge Pictures
The Kennedy/Marshall Company
DistribuidoraBuena Vista Pictures
Estrea 2 de agosto de 2002
Duración106 minutos[1][2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción e terror
Orzamento$72 000 000[3]
Recadación$408 200 000[3]
Na rede
IMDB: tt0286106 Filmaffinity: 490014 Allocine: 41010 Rottentomatoes: m/signs Mojo: signs Allmovie: v263250 TCM: 434174 Metacritic: movie/signs TV.com: movies/signs-2002 Netlix: 60023613 Editar o valor en Wikidata

Despois da súa estrea nos cines dos Estados Unidos o 2 de agosto de 2002, o filme recadou $227 966 634. Gañou $180 281 283 máis a través da estrea internacional do filme, conseguindo un total de $408 247 917. Considerando o seu orzamento de $72 millóns, foi considerado un grande éxito financeiro, ademais de ter unha boa acollida por parte da crítica, que eloxiou a atmosfera e a historia. O filme foi nomeado a numerosos premios, incluíndo o da Sociedade de Críticos de Cine en Liña e os Premios Empire.

Sinopse

editar

Graham Hess (Mel Gibson) é un pastor protestante que vive cos seus dous fillos (Rory Culkin e Abigail Breslin), e co seu irmán Merrill (Joaquin Phoenix), unha antiga estrela do béisbol que traballa nunha gasolineira. Despois da morte da súa muller nun accidente de tráfico, Graham perde a fe e, en consecuencia, abandona ós seus fregueses. Unha boa mañá, ó espertar, decátase de que os seus fillos non están na casa e que os cans non deixan de ladrar. Atópaos nos campos de millo que rodean a súa granxa, onde os nenos fixeron un descubrimento aterrecedor: un misterioso debuxo de círculos e liñas de máis de 150 metros de lonxitude apareceron nos campos de millo inexplicablemente.

Personaxes

editar
  1. The Numbers (ed.). "Signs (2002) - Financial Information". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  2. Kennedy, Colin (9 de decembro de 2015). Empire, ed. "Signs Review". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Signs (2002)". Box Office Mojo. Consultado o 1 de febreiro de 2011. 
  4. Shyamalan, M. Night (Director). (2002). Signs [Motion picture]. United States: Touchstone Pictures.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar