Círculos nas plantacións
Os círculos nas plantacións, tamén chamados de agroglifos, son formacións de tamaño considerábel creadas por medio do esmagamento dun campo de cultivo, como cereais, colza, cana e gramíneas. Estas marcas nas plantacións normalmente son complexas e non sempre presentan forma circular. Malia os moitos estudosos que alegan causas naturais descoñecidas ou orixe alieníxena como explicación para o fenómeno, o consenso científico é que case tódolos casos son obra do ser humano, con poucas excepcións posibelmente formadas por fenómenos naturais ou meteorolóxicos.
O concepto de círculos nas plantacións xurdiu a finais da década de 1970 por conta de hoaxes feitos por Doug Bower e Dave Chorley (véxase Bower e Chorley, abaixo).[1][2][3][4][5] Eles dixeron que foron inspirados polo caso de Tully, Queensland, Australia, onde un agricultor encontrou un círculo achatado de xuncos no pantano, despois de observar un ovni, o que posteriormente foi explicado como un remuíño natural.[2]
Os círculos no Reino Unido, país onde están rexistrados a a maioría dos casos, non están distribuídos aleatoriamente por toda a paisaxe senón que aparecen preto das estradas, en áreas de densidade de poboación media ou alta, achegados a monumentos do patrimonio cultural, tales como Stonehenge ou Avebury, e sempre en áreas de fácil acesso.[6] Vestixios arqueolóxicos poden causar marcas en campos con formas de círculos e cadrados, mais non aparecen durante a noite e están sempre nos mesmos lugares todo o tempo.
As formacións polo xeral son creadas durante a noite,[7] malia que existen algúns relatos que os suxiren durante o día.[8] Varias teorías foron propostas, dende fenómenos naturais e hoaxes feitos polo home até extraterrestres, o paranormal e até mesmo outros animais.[7] Malia que non se sabe por completo o proceso de formación de tódolos círculos en plantacións, a explicación máis plausíbel é que todos, ou case todos, foron obra de persoas.[7]
Notas
editar- ↑ Peter Jan Margry; Herman Roodenburg (2007). Reframing Dutch Culture: Between Otherness and Authenticity (illustrated ed.). Ashgate Publishing. pp. 150–1. ISBN 9780754647058.
- ↑ 2,0 2,1 Laurie Eddie (4 de novembro de 2004). "The Skeptics SA Guide to: Crop circles". Skepticssa.org.au. Skeptics SA. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ Carl Sagan (1997). The Demon-Haunted World. Headline Publishing Group. pp. 72–6. ISBN 0747251568.
- ↑ Hillary Mayell (2 de agosto de 2002). "Crop circles: Artwork or alien signs". National Geographic. p. 2. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ Rob Irving; Peter Brookesmith (15 de decembro de 2009). "Crop Circles: The Art of the Hoax". Smithsonian.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2017.
- ↑ Jeremy Northcote. "Spatial distribution of England's crop circles" (PDF). Geography Online (online journal, without ISSN). Southern Illinois University.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Richard Taylor (agosto de 2011). "Coming soon to a field near you" (PDF). Physics World. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2017.
- ↑ Margry & Roodenburg 2007, pp. 140-2.