Avebury
Avebury é o lugar dun círculo de pedras feito hai máis de 5.000 anos. Está no condado inglés de Wiltshire, cerca da cidade do mesmo nome. En 1986 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Stonehenge, Avebury e sitios relacionados | |
---|---|
Poboación e Avebury Henge | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Inglaterra |
Localización | 51°25′43″N 1°51′15″O / 51.42861, -1.85417 |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, ii, iii |
Inscrición | 1986 |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 373 |
É dos maiores monumentos do neolítico de Europa, máis antigo que o de Stonehenge, localizado uns quilómetros ao sur.
O monumento está composto por varios círculos de pedras. O círculo exterior ten un diámetro de 335 metros e é o maior de todos os monumentos prehistóricos encontrados. En orixe estaba composto por 98 pedras; algunhas delas pesan máis de 40 toneladas. A altura das pedras vai desde os 3,6 aos 4,2 metros. As probas do carbono datáronas dos anos 2800 a 2400 a. C.
Preto do centro do monumento hai outros dous círculos de pedras, separados entre si. O círculo do norte mide 98 metros de diámetro aínda que só quedan en pé un par de pedras das que o compoñían. Unha cova realizada con tres pedras está no centro, coa súa entrada apuntando cara ao noroeste.
O círculo do sur ten 108 metros de diámetro. Está practicamente destruído e algunhas seccións están agora entre os edificios do pobo. Un monólito de 5,5 metros de alto estaba colocado no centro xunto cunha fileira de pequenas pedras que se destruíron no século XVIII.
Moitas das pedras orixinais colléronse no século XVI para empregalas de material de construción, así como tamén para facilitar o cultivo das terras.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Avebury |